Carmen Sierra
Carmen Sierra | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1906 |
Lugar de nacemento | Pontecesures |
Falecemento | 1996 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | profesora de ensino secundario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María del Carmen Sierra Domínguez, nada en Pontecesures (daquela pertencente a Valga) o 1 de maio de 1906 e finada en 1996, foi a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Salvador Sierra Trasande e Carmen Domínguez Orense. En 1922 comezou os estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose na sección de Historia en 1926.[2][3] Foi a primeira muller en ser admitida no Seminario de Estudos Galegos,[4] o 16 de novembro de 1923, e tamén a primeira que apareceu nunha noticia de prensa relacionada con esta institución.[1] Foi nomeada profesora de Literatura do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933.[5] Ao ano seguinte foi nomeada profesora do Instituto de Linares, onde compartiu aulas con Xosé Manuel Cabada Vázquez e Carlos Díaz Rodríguez.[6] Carlos Díaz foi nomeado secretario do Instituto de Linares en marzo de 1935.[7]
Carmen Sierra pertenceu ao PCE e tras a Guerra Civil estivo presa.[8] Despois da guerra instalouse en Pontecesures co seu home Carlos Díaz Rodríguez, rexentando a explotación gandeira de Cortinallas.[9] Foi detida en 1946 e estivo presa no Cárcere de Ventas. Foi xulgada en consello de guerra en maio de 1948 con Esperanza Batanero e Lola Freixa. Foi condenada a cato anos de prisión e, ao levar case tres anos detida, saíu en liberdade condicional a finais de agosto de 1948.[10]
No libro de Suso de Toro sobre Ramón Baltar, dedícanlle un capítulo a súa figura.[11]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carlos Díaz Rodríguez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Carmen Sierra – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2021-09-26.
- ↑ El Eco de Santiago, 7-6-1926, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 9-6-1926, p. 4.
- ↑ "Presentan 'O pasado por vir', un programa de la Deputación para reivindicar ideas avanzadas en la provincia antes del Golpe del 36". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2021-09-26.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-11-1933, p. 1.
- ↑ Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553.
- ↑ Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966.
- ↑ Pérez, Montse Fajardo (2021). "O pasado que fica pendente". O pasado por vir: Achegas á historia de Pontevedra que desbotou o franquismo, 2021, ISBN 9788484574996, págs. 13-35 (Deputación Provincial de Pontevedra): 13–35. ISBN 978-84-8457-499-6.
- ↑ Piñeiro Ares, José (1992). "El Foucellas" en el Ullán. Pontecesures: Autor-editor. pp. 29–30. ISBN 84-604-3823-6.
- ↑ Hernández Sánchez, Fernando (2015). Los años de plomo. La reconstrucción del PCE bajo el primer franquismo (1939-1953). Barcelona: Crítica. pp. 238–239. ISBN 978-84-9892-806-8.
- ↑ Toro, Suso de
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. p. 201. ISBN 978-84-8487-466-9.
- Suso de, Toro (2020). Un señor elegante. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-766-4.