Saltar ao contido

Isaac Vázquez Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaac Vázquez Pardo
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enfermeiro, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata

Isaac Vázquez Pardo, finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976, foi un practicante e militante antifascista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Combatiu no exército franquista na guerra civil. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando na convocatoria extraordinaria o 29 de xaneiro de 1942,[1] e inscribiuse no SEN como mestre interino.[2] Foi mestre interino de Trasfontáns (Laxe) en 1944. Iniciou os estudos de Medicina e fíxose practicante. Militante do PCE, foi dirixente do partido en Compostela. Mantivo contactos con Carmen Sierra e Carlos Díaz Rodríguez. Foi detido en 1947. Como consecuencia da represión contraíu unha doenza. Finou en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1976.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1943 con Teresa Castro Faya, filla de Jesús Castro Castro,[4] que finou o 10 de decembro de 1982.[5]

  1. El Pueblo Gallego, 1-2-1942, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 20-12-1942, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 16-11-1976, p. 51.
  4. El Correo Gallego, 16-11-1943, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 11-12-1982, p. 55.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]