Carlos Díaz Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Díaz Rodríguez
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1908 Editar o valor em Wikidata
Huelva, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1993 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Sierra Domínguez

Carlos Díaz Rodríguez, nado en Huelva o 29 de xuño de 1908 e finado en Caracas o 21 de xuño de 1993, foi un profesor e político español

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. Profesor de Xeografía e Historia do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933, onde compartiu aulas con Carmen Sierra Domínguez, con quen acabaría casando. Trasladáronse ao Instituto de Linares en 1934.[1] Foi nomeado secretario do Instituto de Linares en marzo de 1935.[2] Despois da guerra instalouse en Pontecesures coa súa muller Carmen Sierra, rexentando a explotación gandeira de Cortinallas.[3] En 1945 mantivo contactos co PCE na clandestinidade, desprazouse a Madrid e entrevistouse con Gabriel León Trilla.[4] Foi detido en Madrid o 19 de xaneiro de 1946. Logrou fuxir a Venezuela a finais de 1947.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Sierra Domínguez en 1933 e foi pai de María Dolores e Carlos Díaz Sierra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553.
  2. Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966.
  3. Piñeiro Ares, José (1992). "El Foucellas" en el Ullán. Pontecesures: Autor-editor. pp. 29–30. ISBN 84-604-3823-6. 
  4. Gabriel León Trilla. Un dirigente comunista purgado a manos del estalinismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]