Carmen Orozco Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Orozco Muñoz
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata (117/118 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMaría Castro Martínez Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata

Carmen Orozco Muñoz, coñecida como María Castro Martínez, nada en Valencia en 1916, foi unha mestra e guerrilleira antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestra, afiliada á FETE de Valencia. Militante do Partido Comunista de España dende 1937, foi secretaria de axitación e propaganda do partido. Ao remate da guerra ingresou na Prisión Nueva de Mujeres de Santa Clara o 22 de agosto de 1939. O 14 de decembro foi conducida pola Garda Civil á sala de maternidade do Hospital Provincial para dar a luz. Saíu en liberdade condicional o 12 de xullo de 1940. Fuxiu a Madrid, onde entrou en contacto co PCE. Colaborou con José Bartrina Villanueva na impresión e difusión de propaganda clandestina. Trasladouse con el a Galicia por mandato do partido en setembro de 1947.

Participou no Exército Guerrilleiro de Galicia, dedicándose a tarefas de propaganda clandestina con José Bartrina. Foi detida en xullo de 1948. Encartada na causa 370/48, foi xulgada na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, José Bartrina Villanueva, Juan José Romero Ramos, José Rodríguez Santos, Juan Martínez Montero, María Blázquez del Pozo, Clementina Gallego Abeledo e Josefina González Cudeiro.[1] Foi condenada a trinta anos de prisión.[2] Pasou polos cárceres da Coruña, Segovia, Valencia, de novo Segovia e finalmente Alcalá de Henares. Foi novamente xulgada en consello de guerra en Valencia o 19 de outubro de 1950 pola causa 13811/39 por auxilio á rebelión, o proceso xudicial pendente.

O 9 de outubro de 1960 obtivo a liberdade condicional pola aplicación de dous indultos. Fixou a súa residencia en Valencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2.
  2. "Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]