Juan José Romero Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan José Romero Ramos
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1988 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAntonio Souto Castro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Juan José Romero Ramos, coñecido como Antonio Souto Castro, nado en Meá (Mugardos) o 2 de setembro de 1908 e finado en Ferrol o 3 de novembro de 1988, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ebanista, veciño de Rilo. Militou na ORGA. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 con Juan José Teijeiro Leira, Jesús Planas Rodríguez, José María Montero Martínez, Francisco Loureda Silvar, Ramón Díaz Pena, Agustín Veiga Hermida, Rogelio Casal Pérez, Juan Carnero Vázquez e José Rivas Fariña, asaltaron o pazo de Piñeiro na procura de armas o 21 de xullo; no tiroteo cos moradores morreron un dos donos e un crego. Foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión militar. Condenado a pena de morte, a pena foi conmutada por cadea perpetua. Saíu en liberdade condicional en 1944 e traballou como grosista de chatarra. Incorporouse á guerrilla en 1947. Integrouse no Destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Adolfo Allegue Allegue, dedicándose a tarefas de transporte de armamento e propaganda. Foi detido en Irurtzun en xullo de 1948 con material para a guerrilla. Encartado na causa 370/48, foi xulgado na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, José Bartrina Villanueva, Carmen Orozco Muñoz e outros.[1] Foi condenado a trinta anos de prisión. Saíu en 1966. Foi un dos promotores da Asociación de Ex-Presos Políticos e Persoas Afectadas por Actividades Político-Sociais constituída na Coruña en marzo de 1977.[2] Finou en Ferrol o 3 de novembro de 1988.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 7-3-1977, p. 22.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-11-1988, p. 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]