Josefina González Cudeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosefina González Cudeiro
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRamón González Calviño Editar o valor em Wikidata

Josefina González Cudeiro, nada en Ourense o 6 de outubro de 1918 e finada na Coruña o 15 de outubro de 2012, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Ramón González Calviño e Vicenta Cudeiro, unha familia esquerdista, laica e republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dous dos seus irmáns, Ángel e Julio González Cudeiro, agocháronse na carboeira e o faiado da casa, no número 31 da rúa Raíña Victoria, para evitaren a fronte, xunto co fuxido Enrique Nanín Ansias. Delatados por unha veciña o 26 de marzo de 1937, foron detidos na madrugada do 27 o pai, os dous irmáns e Enrique.[1] Josefina foi encarcerada coa súa nai e os seus irmáns Julio e Ángel. Estivo presa coa nai en Bande até 1938. Ao saír actuou coas súas irmás Luisa e Maruja en tarefas de propaganda para o Partido Comunista de España. Marcada e vixiada, decidiu trasladarse a Madrid a mediados de 1944.

Encartada na causa 370/48, foi xulgada na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, José Bartrina Villanueva, Juan José Romero Ramos, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Santos, Juan Martínez Montero, María Blázquez del Pozo e Clementina Gallego Abeledo.[2] Foi condenada a trinta anos de prisión.[3] Pasou polos cárceres da Coruña, Segovia e finalmente Alcalá de Henares. Exiliouse en Venezuela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 28-3-1937, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2.
  3. "Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]