Carlota Castrejana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlota Castrejana
Información persoal
NacionalidadeEspaña España
Nacemento25 de abril de 1973 (46 anos)
Logroño, A Rioxa
ResidenciaMadrid
Altura1,88 m
Peso70 kg
Deporte
DeporteAtletismo (Triplo salto, salto de altura, salto de lonxitude)
Basketball pictogram.svg Baloncesto
editar datos en Wikidata ]

María Carlota Castrejana Fernández, nada en Logroño (A Rioxa) o 25 de abril de 1973, é unha exbaloncestista e exatleta española. Conseguiu os seus maiores logros na modalidade de triplo salto, pero que tamén o fixo nas disciplinas de salto de altura e salto de lonxitude. Antes de dedicarse ao atletismo foi xogadora profesional de baloncesto.

É a única persoa española que participou en dúas modalidades diferentes nos Xogos Olímpicos: Castrejana disputou os Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona como xogadora de baloncesto e, posteriormente, participou nos de Atenas, Sidney e Pequín como atleta na modalidade de triplo salto, disciplina na que tamén foi campioa de Europa en pista cuberta no 2007 e recordwoman nacional desde o ano 2000 até o de 2019, cando foi relevada pola galega Ana Peleteiro.[1][2]

Na actualidade traballa no equipo directivo da Real Federación Española de Atletismo (da que foi vicepresidenta). Anteriormente foi Directora Xeral de Deportes da Comunidade de Madrid,[3] e traballou como avogada no bufete Gómez-Acebo & Pombo.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Baloncesto[editar | editar a fonte]

Carlota foi xogadora profesional deste deporte desde os 14 anos até os 19. Participou coa selección española nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, onde este equipo conseguiu un excelente 5º posto. Foi tamén medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo de Grecia en 1991, e medalla de prata no Campionato de Europa Xúnior de 1990. Durante a temporada 2010-2011 xogou no Asefa Estudiantes de Madrid, retornando ao baloncesto despois de 18 anos. Xogaba unicamente nos partidos como local.[4]

Atletismo[editar | editar a fonte]

Tras as Olimpíadas, e vendo as súas grandes cualidades físicas, convencérona para dar o salto ao atletismo, onde comezou especializándose en salto de altura, disciplina na que, tan só despois de dous anos competindo, conseguiu o récord de España con 1,89 m. En 1998 cambiou de disciplina, xa que os seus adestradores se deron de conta de que tiña máis facultades para o triplo salto (compaxinándo nalgunha ocasión co salto de lonxitude), e aí foi onde conseguiu os seus maiores éxitos. Conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta de 2005 celebrado en Madrid, chegando ao cumio ao proclamarse, o 4 de marzo de 2007, campioa no Campionato de Europa de atletismo en pista cubierta de 2007 que se celebou en Birmingham, Reino Unido, batendo o récord de España cun salto de 14,64 metros, no seu mellor concurso da historia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campion de Europa de triplo salto en pista cuberta (14,64, Birmingham 2007).
  • Bronce no Campionato de Europa, Madrid, 2005.
  • Record de España absoluto en triplo salto en pista cuberta (14,64 en 2007).
  • Record de España absoluto en triplo salto ao aire libre (14,60 en 2005).
  • Campioa de España absoluta de triplo salto ao aire libre (2000-2001-2002-2003-2004-2005-2006).
  • Campion de España absoluta de triplo salto en pista cuberta (2000-2001-2002-2003-2004-2005-2006-2007).
  • Campioa de España absoluta de salto de altura ao aire libre (1996).
  • Campioa de España absoluta de salto de altura en pista cuberta (1995-1997).
  • Campioa de España promesa en salto de altura ao aire libre (1994) e en pista cuberta (1995).
  • Campioa de España promesa en salto de altura en pista cuberta (1995-1997) e de triplo salto (2000).
  • Diploma Olímpico como xogadora de baloncesto, Barcelona 92.
  • 4 veces Olímpica, Barcelona, Atenas, Sidney, Pequín.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Récords de España[editar | editar a fonte]

  • Pista cuberta - Triplo salto: 14,22 - 14,32 (2003) - 14,37 (2004) - 14,42; 14,44; 14,45 (2005) - 14,64 (2007).
  • Aire libre - Triplo salto: 14,51 (2002); 14,60 (2005).
  • Pista cuberta - Salto de altura: 1,89 (1995).
  • Aire libre - Salto de altura: 1,89 (1996).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]