Carlos Pérez Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Pérez Rial
CarlosPerucho.jpg
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento12 de abril de 1979 (40 anos)
Cangas, Galicia Galicia
Altura1,82 m
Peso84 kg
Webcarlosperezrial.com
Deporte
PaísEspaña
DeportePiragüismo
ClubClub de Piragüismo Aldán
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Olímpicos
Ouro Beijing 2008 K2-500

Carlos Pérez Rial tamén coñecido como Perucho, nado o 12 de abril de 1979 en Aldán, Cangas,[1] é un deportista e policía galego, que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. A súa especialidade é o caiac sobre as distancias de 200 e 500 metros.

Foi campión olímpico en Pekín 2008, catro veces campión do mundo de piragüismo en augas tranquilas e dúas veces campión de Europa. Suma en total oito medallas no Campionato Mundial e sete no Campionato Europeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Iniciouse no piragüismo sendo neno, nunha familia de piragüistas.[2] De seu irmán Jesús Pérez Rial, tamén piragüista, herdou o alcume de "Perucho".[3][4] Aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde comezou a se preparar con Carlos Brage, que sería o seu adestrador durante dez anos.[2]

Foi internacional por primeira vez en 1999, no europeo de Zagreb, onde participou en tres clases, sendo o seu mellor posto un quinto lugar logrado no K2 200m, formando parella con Rodrigo Tiebo.[5] Tamén competiu no Campionato Mundial celebrado en Milán, en K4, quedando en sétima posición.[6] Ao ano seguinte quedou noveno no europeo de Poznan en K2 500.[7] En 2001 quedou cerca de lograr ás súas primeiras medallas no Europeo, en Milán, quedando en quinta e cuarta posición no K2 200 e K2 500 respectivamente, en ambas distancias con Emilio Merchán como compañeiro de kaiak.[8] No Mundial dese ano, en Poznan quedaron sétimos no K2 200m.[9] No 2002, a súa mellor clasificación foi un quinto lugar no Europeo de Szeged na categoría K2 200m.

Primeiras medallas internacionais e Atenas 2004[editar | editar a fonte]

O seu primeiro título de importancia foi a medalla de prata obtida en 2003 na distancia olímpica de K1 500 m nos Mundiais de Gainesville, nos Estados Unidos (1"37'961).[10] O ano seguinte logrou a súa primeira medalla no Campionato de Europa, un bronce, tamén en K1 500 m.[11] Ese ano participou tamén nos seus primeiros Xogos Olímpicos, Atenas 2004, onde quedou sorprendentemente fóra da final ao quedar sexto na súa serie das semifinais.[12]

Campión europeo e mundial[editar | editar a fonte]

En 2005 proclamouse campión do mundo na distancia non olímpica de K1 200 m, nos Mundiais de Zagreb, cun tempo de 35"289;[13] así como campión de Europa da mesma clase, nos campionatos celebrados en Poznań, cun tempo de 36"098.[14] Ao ano seguinte entrou na Academia de Policía de Ávila[2] e non puido revalidar ningún deses dous títulos, perdendo nas dúas ocasións diante do alemán Ronald Rauhe e obtendo a prata do mundo en Szeged cun tempo de 35"396[15] e a de Europa en Račice con 34"644.[16]

En 2007 quedou quinto na distancia olímpica dos K1 500 m do Europeo celebrado en Pontevedra,[17] e participou na mesma categoría nos Mundiais de Duisburgo, clasificatorios para os Xogos de Beixín. Pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar máis ca para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi sétimo (16º en xeral), cun crono de 1' 38,975".[18] Tamén nese ano aprobou as oposicións para entrar na Policía Nacional.[19]

Campión olímpico[editar | editar a fonte]

En 2008, por discrepancias coa directiva, el mais seu irmán Jesús deixaron o Club de Mar Ría de Aldán e ficharon polo Náutico O Muíño de Ribadumia.[20][21] Nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 obtivo o ouro na categoría de K2-500m xunto a Saúl Craviotto Rivero,[22] cun tempo na final de 1'28''736.[23] Converteuse así no sexto galego en gañar un ouro olímpico.[24] Tamén ese ano foron subcampións de Europa en Milán en K2 500.[25]

Ao ano seguinte proclamouse campión de Europa por segunda vez, desta volta no K2 200 m, ao lograr o ouro con Saúl Craviotto en Brandeburgo.[26] Ademais, tamén xunto a Craviotto, quedou cuarto no K2 500 m.[27] Nas mesmas dúas clases competiu no Mundial dese ano, celebrado no Canadá, logrando o subcampionato nos 200 metros[28] e un cuarto posto nos 500.[29] Nese mesmo campionato coroouse tamén por primeira vez como campión do mundo da clase K1 4x200m, formando equipo con Saúl Craviotto, Francisco Llera e Ekaitz Saies.[30]

Década de 2010[editar | editar a fonte]

En 2010 volveu a Aldán, ingresando no recentemente creado Club Piragüismo Aldán, presidido polo seu irmán Jesús Pérez Rial.[31] No Europeo de 2010, na localidade asturiana de Trasona, en Corvera, colgouse outras dúas medallas de prata no K2, nas distancias de 200 e 500 metros.[32] No Mundial en Poznan repetiu prata en 200 metros e proclamouse campión do mundo outra vez no K1 4x200 m.[33]

No 2011 non logrou subir ao podio europeo nin mundial en K2, pero proclamouse por terceira vez campión do mundo no K1 4x200 m en Szeged.[34]

En 2012, no preolímpico celebrado en Polonia, non puido conseguir o billete para os Xogos Olímpicos de 2012, despois de que unhas ondas lle arruinasen a carreira de K2 200 m que ía liderando xunto a Craviotto.[35] En 2013 participou no Mundial de Duisburgo cunha nova parella no K2, Diego Cosgaya, non logrando meterse na final nos 1000 metros e quedando novenos nos 500. No K1 4x100, o equipo formado por Perucho, Craviotto, Carlos Arévalo e Carlos Garrote finalizou en quinta posición.[36]

Nos seguintes anos adicou cada vez máis tempo ao surfski ou kaiak de mar,[37] gañando a liga galega e o campionato galego[38], así como A Lanzada Ocean Race de 2016,[39] e participando en 2018 no Campionato de Europa celebrado en Villajoyosa, quedando en 26ª posición.[40]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2004 recibiu a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo, xunto a David Cal e Teresa Portela entre outros.[41] En 2010 púxoselle o seu nome ao paseo marítimo de Aldán, agora chamado "Paseo Carlos Pérez".[42][43] Así mesmo, o concello de Ribadumia, onde pasou dous anos no club Náutico O Muíño, nomeouno "Fillo Adoptivo".[44]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Evento
2008 Pequín (Flag of the People's Republic of China.svg China) Med 1.png Ouro K2 500m
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
2003 Gainesville (Estados Unidos de América Estados Unidos) Med 2.png Prata K1 500m
2005 Zagreb (Croacia Croacia) Med 1.png Ouro K1 200m
2006 Szeged (Hungría Hungría) Med 2.png Prata K1 200m
2009 Dartmouth (Flag of Canada.svg Canadá) Med 2.png Prata K2 200m
2009 Dartmouth (Flag of Canada.svg Canadá) Med 1.png Ouro K1 4x200m
2010 Poznan (Polonia Polonia) Med 2.png Prata K2 200m
2010 Poznan (Polonia Polonia) Med 1.png Ouro K1 4x200m
2011 Szeged (Hungría Hungría) Med 1.png Ouro K1 4x200m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2004 Poznan (Polonia Polonia) Med 3.png Bronce K1 500m
2005 Poznan (Polonia Polonia) Med 1.png Ouro K1 200m
2006 Račice República Checa República Checa Med 2.png Prata K1 200m
2008 Milán (Italia Italia) Med 2.png Prata K2 500m
2009 Brandeburgo (Alemaña Alemaña) Med 1.png Ouro K2 200m
2010 Trasona (España España) Med 2.png Prata K2 200m
2010 Trasona (España España) Med 2.png Prata K2 500m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La cuna de las palas doradas". Marca (en castelán). 5 de maio de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Craviotto y Perucho, campeones en el último aliento" (en castelán). 19 de maio de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  3. "Carlos Pérez, “Perucho”: “Soy un luchador y siempre quiero dar lo mejor de mí”" (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  4. "Entrevista a Carlos Pérez Rial, medalla de oro en K2-500" (en castelán). 25 de outubro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados de Zagreb 1999". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Milán 1999". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados Poznan 2000". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados Milán 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Poznan 2001". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados de Gainesville 2003" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  11. "Resultados Poznan 2004". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados Atenas 2004" (PDF). CanoeICF (en 15 de novembro de 2019). Consultado o CanoeResults. 
  13. "Resultados Zagreb 2005" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados Poznan 2005". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados Szeged 2006" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  16. "Resultados Raĉize 2006". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  17. "Resultados Pontevedra 2007". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  18. "Resultados Duisburgo 2007" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  19. "Entrevista a Carlos Pérez (Perucho)" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  20. "Saúl Craviotto y Carlos Pérez Rial". El Mundo (en castelán). 11 de setembro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  21. "Perucho confía en agradecer el apoyo de Ribadumia con un podio en Pekín". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  22. "'Perucho', medalla de oro en K2-500". El Progreso (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  23. "Resultados Pequín 2008" (PDF). CanoeICF. p. 42. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  24. "Lista de medallistas olímpicos galegos". Wikipedia. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  25. "Resultados Milán 2008" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  26. "Portela y Perucho regalan dos oros a España en Brandenburgo". El Correo Gallego (en castelán). 27 de xuño de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  27. "Perucho y Portela, a las puertas del podio". Faro de Vigo (en castelán). 28 de xuño de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  28. "Resultados do K2 200m en Dartmourh 2009". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  29. "Resultados da final de K2 200 metros en Dartmouth 2009". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  30. "España cierra el Mundial de piragüismo con un oro y una plata más". El Mundo (en castelán). 17 de agosto de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  31. "El club de los retornados". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  32. "Resultados de Trasona 2010". CanoeResults (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  33. "Resultados de Trasona 2010" (PDF). CanoeICF. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  34. "Resultados Szeged 2011" (PDF). CanoeICF. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  35. "Perucho y Bouza, fuera de Londres". Faro de Vigo (en castelán). 18 de maio de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  36. "Resultados de Duisburgo 2013" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  37. "Perucho disfruta del mar abierto". La Voz de Galicia. 13 de decembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  38. "Perucho se lanza al mar" (en castelán). 11 de maio de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  39. "El medallista olímpico Perucho logra la victoria en A Lanzada Ocean Race". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  40. "Resultados ivllajoyosa 2018" (PDF). Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  41. "Cuatro gallegos entre los deportistas distinguidos". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 2004. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  42. "Homenaje a Carlos Pérez, que tendrá un paseo en Aldán con su nombre". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  43. "El "oro" olímpico Carlos Pérez ya da nombre al paseo de Aldán donde celebra sus éxitos". Faro de Vigo (en castelán). 18 de abril de 2010. Consultado o 15 de novembro de 2019. 
  44. "Ribadumia paga su deuda con Carlos Pérez "Perucho", el primer oro olímpico de su historia". Faro de Vigo (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]