Caiac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caiac unipersonal

O caiac[1] é unha embarcación de orixe esquimó fabricada tradicionalmente con pel de foca e cunha abertura na cuberta que se axusta ao corpo da persoa que a tripula.

Deporte[editar | editar a fonte]

Caiacs no glaciar Upsala. Parque Nacional Los Glaciares (Arxentina).

En deporte é unha variedade de canoa deportiva que se utiliza nos cursos fluviais de gran velocidade e que só ten descuberta a parte onde van os remeiros.[1]

De un a catro tripulantes, na súa orixe era dun só tripulante, e usábase polos esquimós para pescar e cazar. O tripulante ou palista acomódase sentado e orientado en dirección ao avance, a diferenza das embarcacións de remo, e propulsa a embarcación mediante unha pa de dupla folla ou culler que no necesita de apoio sobre o casco.

É unha embarcación longa (eslora) e estreita (manga). Nos seus deseños tradicionais era de cuberta pechada, só aberta na "bañeira" onde se sitúan os palistas. Existen na actualidade tantos deseños e variantes como usos potenciais, pero en xeral pode considerarse unha embarcación pequena en relación con outras, en ocasións de deseño extraordinariamente hidrodinámico e noutros casos de deseño compacto e manobrábel.

Dadas as súas características poden usarse caiacs en augas tranquilas (ríos, encoros, lagos ou piscinas), augas bravas (ríos de montaña ou canais de augas bravas) e no mar (incluso en mar aberto). Tal variedade de usos tradúcese nunha gran cantidade de modelos: de pista e descenso de ríos, de augas bravas, de caiac extremo, de rodeo, caiacs de surf, caiac de mar, de caiac-polo e de recreo, entre outras.

Tamén se denomina así unha regata de velocidade na que se emprega este tipo de embarcación.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caiac.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]