Editorial Elvira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Expositor de Editorial Elvira no Nadal 2019-2020 Vigo.
Caseta da Editorial no Cies Market 2019 de Vigo.

A Editorial Elvira, é unha empresa editorial galega independente con sede na rúa de Santiago, fundada no 2013 en Vigo. A súa especialidade e a poesía, o libro de artista e o libro-obxecto. Consta con apartados como prosa, poesía, conto infantil, arte e banda cómic.

Historia[editar | editar a fonte]

O fundador de Editorial Elvira é o editor Xabier Romero. Editorial independente vencellada no seu nacemento o poeta Carlos Oroza, que motivou a súa creación, publicando a súa obra poética Évame. Preparan edicións pequenas, presentacións con autores e venta directa[1]. Especializada no libro de artistas, cómic, prosa e poesía. Publica en galego e en castelán [2].

Edita e publica a colección Historias para coñecermos Vigo, coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística (Concello de Vigo) e a Asociación Cultural Catropatacos, onde autores do prestixio de: Ledicia Costas, Francisco Castro Veloso, Marga do Val, María Lado, Amadeo Cobas, Santiago Lopo, Clara do Roxo, Fina Casalderrey, María Xosé Porteiro, María Reimóndez ou Clara do Roxo, percorren os barrios e rúas de Vigo cos seus relatos [3]. Complétase con cadernos de traballo para alumnado da E.S.O e percorridos literarios guiados dos diferentes libros [3][4].

Dende o ano 2014 a editorial convoca o Premio de relato Vigo histórico [5], coa participación de autores de toda a fala hispana, publicándose os gañadores baixo a colección Relatos na Rúa [6].

Conta no seu haber diversos libros-obxectos:

  • Especial do Libro dos lugares, de Antón Patiño Pérez, caixa de 100 exemplares asinados e numerados, caixa serigrafiada, interior con lámina orixinal do autor.
  • Aute canta a Oroza, libro-disco onde o cantautor Luis Eduardo Aute canta a poesía de Carlos Oroza.
  • Edición limitada de Actrices Secundarias de Clara do Roxo con serigrafía firmada e asinada polo pintor Xabier Magallanes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez, Enrique (2018-09-28). "Editorial Elvira, ou como converter os libros en obras de arte que sobrevivan a Internet". Xornal de Vigo. Consultado o 2019-12-26. 
  2. "Editorial Elvira". Editorial Elvira. Consultado o 2019-12-16. 
  3. 3,0 3,1 Redacción. "Oito historias de Vigo para coñecer a cidade da man de oito autores - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  4. Redacción. "Paseos literarios polo Ensanche, Calvario e Teis con "Historias para coñecermos Vigo" - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 
  5. "VI Certamen de Relatos Vigo Histórico 2019". Tregolam (en castelán). 2019-04-11. Consultado o 2019-12-16. 
  6. Escritores.org. "VI Certamen de relatos Vigo Histórico (España)". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2019-12-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]