Carlos Leal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Leal
Nacemento9 de xullo de 1969
LugarFriburgo
NacionalidadeSuíza e España
Profesiónactor, actor de cinema, actor de televisión e cantante
editar datos en Wikidata ]

Carlos Leal, nado en Friburgo (Suíza) en 1969, é un rapeiro e actor suízo, de orixe galega. Deuse a coñecer como membro do grupo de hip hop Sens Unik, co que acadou grande éxito, antes de comezar unha carreira de actor que o levou a aparecer en numerosas producións tanto no cine como na televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Entrou no mundo do hip hop a través do breakdance e en 1987 fundou xunto a outros músicos o grupo Sens Unik, un dos pioneiros do rap suízo. En 1991 gravaron Le VIème sens, cunha cara B cantada completamente en español por Leal. A este álbum seguíronlle outros oito, conseguiron catro discos de ouro e puxeron a banda sonora no aclamado filme La haine.[1]

Cine e televisión[editar | editar a fonte]

Logo de producir algúns dos vídeos de Sens Unik e de debutar no teatro cun papel nunha adaptación dunha obra de Almodóvar, decidiu seguir carreira de actor. O seu primeiro papel foi en Week End Break (2002), unha curtametraxe de comedia, e dende entón ten participado en numerosos filmes e series de televisión. Traballou entre outros en Snow White, El comisario, 007 Casino Royale, Los Serrano, R.I.S. Científica, Heidi, 15, Los abrazos rotos, El Internado, O camiño, There Be Dragons, Boulevard du Palais, Devious Maids, Marvel's Agents of S.H.I.E.L.D., Training Day, Better Call Saul ou MacGyver.

Pola súa actuación no filme suízo Snow White (2005), obtivo o premio ao mellor intérprete no festival de cine de Támil Nadu e o premio do cinema suízo ao mellor actor protagonista.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A súa familia é de Moncelos (Abadín). Nacido en Friburgo, medrou en Lausana e na actualidade vive en Madrid.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Volver a la tierra es como un homenaje a mis padres"" (en castelán). 11 de agosto de 2007. Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  2. "Con los pies en la tierra y orgulloso de sus raíces" (en castelán). 11 de agosto de 2007. Consultado o 10 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]