Saltar ao contido

Henrique I de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenrique I de Alemaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Henricus I Auceps Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 876 Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 936 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Memleben (Francia orientalis) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Quedlinburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Francia Oriental
919 – 936
← Conrado I da Germânia (pt) TraducirOdón I do Sacro Imperio Romano Xermánico → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Saxoa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMatilde de Ringelheim (911 (Gregoriano)–)
Hateburga de Merseburg Editar o valor en Wikidata
FillosThankmar
 () Hateburga de Merseburg
Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico
 () Matilde de Ringelheim
Gerberga da Saxônia
 () Matilde de Ringelheim
Henrique I, Duque da Baviera
 () Matilde de Ringelheim
Edviges da Saxônia
 () Matilde de Ringelheim
Bruno I, Arcebispo de Colônia
 () Matilde de Ringelheim Editar o valor en Wikidata
PaisOdón I de Saxonia Editar o valor en Wikidata  e Hedwiga Editar o valor en Wikidata
IrmánsOda of Saxony Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5631000 WikiTree: Liudolfing-13 Find a Grave: 14938819 Editar o valor en Wikidata
Henrique I recibe a coroa real mentres caza con gaiolas de paxaros no bosque (dunha pintura de Hermann Vogel de 1900).
Henrique I funda o castelo de Albrechtsburg, o máis antigo de Europa central, no ano 929.

Henrique I, chamado o Paxareiro, nado en 876 e finado o 2 de xullo de 936, fillo de Odón I de Saxonia e pai de Odón I de Alemaña e de Henrique I, duque de Baviera, foi duque de Saxonia dende 912 e rei da Francia Oriental dende 919 até a súa morte. Primeiro da dinastía otoniana de reis e emperadores alemáns, é xeralmente considerado como o fundador e primeiro rei do Estado alemán medieval, coñecido ata entón como Francia Orientalis. Un ávido cazador, obtivo o sobrenome "o Paxareiro" porque se di que estaba a fixar as súas redes de caza de aves cando os mensaxeiros chegaron a informalo de que ía ser rei.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ascenso ao trono

[editar | editar a fonte]

Nos seus vinte e catro anos de reinado, Henrique abordou con éxito algúns dos problemas máis perentorios que sufría o reino, tales como a consolidación da institución fronte aos grandes e a ampliación de zonas de influencia, coa anexión de Lorena e a intervención en Bohemia. Ademais, levou a cabo un importante labor de impulso á colonización, movemento coñecido como Drang nach Osten, que afectou o norte e leste do país e permitiu consolidar esas zonas de poboación fronte ás incursións de húngaros, eslavos e suecos.

Batallas contra os húngaros

[editar | editar a fonte]

Henrique I debeu enfrontar durante o seu reinado a ameaza do principado húngaro que en 896 cruzara os montes Cárpatos e ocupara a chaira de Pannonia ao leste dos seus territorios imperiais. Os húngaros levaban nesa época un estilo de vida pagá e seminómade que consistía en saquear e incendiar aldeas, considerándose a si mesmos descendentes de Atila o huno.

Ante isto, Henrique I tivo que facer fronte ás incursións das hostes húngaras que aconteceron no 911, cando invadiran e saquearan Burgundia. Posteriormente, en 915, os húngaros cercaron fallidamente a cidade xermánica de Fulda e incendiaron Bremen tras saqueala. No mesmo ano da súa coroación, 919, Henrique I e o seu exército foron derrotados polos húngaros na batalla de Puchen, e fixéronlle pagar un tributo durante o seguintes dez anos. Así continuou até 932, cando o rei se negou a pagalo, e un ano máis tarde as tropas xermánicas venceron por vez primeira os maxiares na batalla de Merseburgo (933).

Máis tarde o seu fillo Odón I inflixiulles unha derrota maior aos húngaros en 955 na batalla de Lechfeld e en 973 en Quedlinburg. Logo da última negociouse a paz co príncipe Géza de Hungría e comezou o proceso de cristianización e occidentalización dos húngaros, que chegou á súa realización máxima con Estevo I de Hungría no ano 1000.

Cristianismo e fortalezas

[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado, produciuse un grande avance na evanxelización do reino de Bohemia e no fortalecemento das estruturas eclesiásticas, retomando a política carolinxia de apoio ás comunidades monásticas e valéndose de numerosos homes da igrexa na administración do estado.

A fortificación dos castelos do sur de Xermania e a reorganización da cabalaría pesada culminan a súa obra política, salvada grazas á súa insistencia en nomear sucesor como rei de Xermania o seu fillo Odón I o Grande, para evitar a división do reino despois da súa morte.

Henrique morreu dun ataque cerebral o 2 de xullo de 936, no seu palacio en Memleben, un dos seus lugares favoritos. Para entón, todas as tribos xermanas estaban unidas nun só reino. Henrique I é considerado, polo tanto, o primeiro rei alemán e o fundador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Henrique era fillo de Odón I, duque de Saxonia, e de Hedwige de Franconia.

Henrique casou dúas veces. A primeira vez, con Hatheburg de Merseburg, quen lle deu un fillo, Thankmar. O seu segundo matrimonio foi con Matilde de Ringelheim.

O primeiro fillo desta unión, Odón, sucedeuno como emperador. O seu segundo fillo, Henrique, converteuse en duque de Baviera. O seu terceiro fillo, Bruno, foi duque de Lotarinxia e arcebispo de Colonia. O fillo do seu primeiro matrimonio, Thankmar, rebelouse contra o seu medio irmán Odón, e faleceu na batalla de Eresburg no ano 936.

Con respecto ás súas fillas, Gerberga de Saxonia, logo da morte do seu primeiro marido, o duque Xilberto de Lotarinxia, casou co rei Lois IV de Francia e foi nai do rei Lotario de Francia. A súa filla máis nova, Hedwige de Saxonia, casou con Hugo o Grande, duque de Francia e conde de París, e foi a nai de Hugo Capeto, fundador da dinastía dos Capetos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bachrach. David S. "Restructuring the Eastern Frontier: Henry I of Germany, 924-936," Journal of Military History (Jan 2014) 78#1 pp 9–36
  • Barraclough, Geoffrey, ed. (1961). Studies in Mediaeval History:Mediaeval Germany. Vol. II. Essays. Basil Blackwell. 
  • Gwatkin, H. M., Whitney, J. P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge: Cambridge University Press, 1926.
  • Leyser, Karl, Medieval Germany and Its Neighbours 900-1250 (Londres: The Hambledon Press, 1982)
  • Menzel, W. Germany from the Earliest Period. Vol I

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]