Saltar ao contido

Carlos García Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos García Becerra
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Caracas Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2013 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–   Deportivo da Coruña

Carlos García Becerra, nado en Caracas o 9 de setembro de 1977, é un exfutbolista venezolano-galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Caracas, sendo fillo de dous emigrantes galegos: Manuel García, natural do Val do Dubra, e Fina Becerra, de Lendo, A Laracha.[1] Comezou a xogar ao fútbol no Hermandad Gallega, pasando logo polo San Agustín el Marqués, antes de que seus pais decidisen regresar a Galicia.

A familia instalouse na Laracha, onde abriron un bar, e Carlos entrou na canteira do Laracha CF con 15 anos. Coñecido futbolisticamente como Carlos II, marcou 28 goles na súa primeira campaña como xuvenil e 36 na segunda. O seu gran rendemento fixo que na súa segunda tempada no club debutase xa co primeiro equipo, na Rexional Preferente.[2] Na tempada 1994/95, integrado xa plenamente no primeiro equipo, marcou 17 goles en Preferente.[3]

Os seus goles chamaron a atención do Deportivo da Coruña, que o fichou en 1995.[4] Na súa única tempada no equipo xuvenil do club, marcou 17 goles na División de Honra e 3 máis na Copa de Campións, gañando o equipo os dous títulos.[3] Na tempada 1996/97 pasou a xogar no Fabril, na Segunda División B e con Carlos Ballesta como adestrador. Disputou 81 partidos co filial durante as seguintes tres campañas na categoría de bronce, anotando 21 goles.

O 22 de febreiro de 1998, da man do adestrador José Manuel Corral, debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira División, nun partido contra o Athletic de Bilbao en Riazor. Entrou preto do final do partido, substituíndo a Maikel, e marcou o terceiro e definitivo gol do partido (3-0). Aínda disputou seis partidos máis esa tempada na máxima categoría.

Entre 2000 e 2002 saíu cedido ao Gimnástica de Torrelavega, o Pájara Playas e o Amurrio, con menores números goleadores. En 2003 fichou polo Ourense de Milo Abelleira, co que marcou 9 goles na liga e outro na fase de ascenso a Segunda, na que o club ourensán non conseguiu o obxectivo de subir de categoría.

Na tempada 2004/05 asinou co Burgos CF, tamén de Segunda B. Logrou 17 tantos na liga, sendo o máximo goleador do grupo II, contribuíndo ao segundo posto do equipo na táboa. Tras un breve paso polo Alicante, fichou en 2006 polo Palencia, onde militou durante tres campañas e media. Marcou 27 goles en 86 partidos da Segunda B, xogando unha última tempada en Terceira. A continuación pasou polo Buelna, o Rayo Cantabria e o Tropezón, onde pechou a súa carreira no 2013.

  1. ↑ Maceiras, Xabier (2 de novembro de 2021). "Carlos García Becerra, o primeiro futbolista da Laracha que xogou na Primeira División". Crónicas da Laracha (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.
  2. ↑ "El venezolano Carlos II lleva tres temporadas en el Laracha". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1995. p. 44.
  3. 1 2 "El larachés Carlos y el baiés Nacho realizarán la pretemporada con el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1996. p. 48.
  4. ↑ "El Deportivo se hizo esta semana con los servicios del ariete larachés Carlos II". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1995. p. 44.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]