Lendo, A Laracha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lendo
Campo Lendo A Laracha A Coruña Galiza Spain.jpg
Cerámica Campo, Lendo.
Concello A Laracha
Área 9 km²
Poboación 431 hab. (2013)
Densidade 47,89 hab./km²
Entidades de poboación 22

San Xián de Lendo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 431 habitantes (221 mulleres e 210 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais do século XIII e principios do XIV foi unha encomenda templaria, que deixou as súas pegadas na Igrexa de San Xián na decoración de estrelas, rosetas e canzorros, destacando a que representa a cabeza dun elefante.

Industria[editar | editar a fonte]

Entre Lendo e Cabovilaño concéntrase a actividade industrial da Laracha, destacando a siderúrxica e a cerámica Campo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lendo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lendo no concello da Laracha (A Coruña)

Os Abelares | O Bastón | Bragunde | O Campo da Porta | O Campo de Bragunde | O Canle | O Cruceiro Novo | Escurido | A Esquipa | A Fontenla | A Forxa | As Gándaras | O Grixario | Larín | Lexas | Lista | O Moucho | O Retorno | Samiráns | A Torre | A Xesteira | Xoios

Parroquias da Laracha[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]