Hermandad Gallega Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermandad Gallega FC
NomeClub Social Deportivo Hermandad Gallega de Valencia Fútbol Club
Alcume(s)Los Gallegos
Fundación1979
EstadioCampo Manuel Freire, Valencia
Capacidade3.000
Na rede
https://hermandadgallega.net
Twitter: HermandadG_Val Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Hermandad Gallega FC é un equipo de fútbol da cidade venezolana de Valencia, vencellado á emigración galega. Militou en dúas etapas na Segunda División de Venezuela.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1979 cando un grupo de emigrantes galegos en Valencia decidiron crear un equipo exclusivamente para galegos.[1]

Primeira etapa na Segunda División[editar | editar a fonte]

Participou no Torneo Aspirantes de Venezuela 2003/04, onde compartiu o Grupo B central con outros 5 rivais, entre eles o Deportivo Miranda FC e o Yaritagua FC. Rematou a Primeira Fase do torneo como líder invicto do seu grupo, despois de sumar 26 puntos, accedendo así á Segunda Fase onde buscou un dos dous postos para a final. De novo invicto, liderou o grupo 2 tras sumar 14 puntos, accedendo así á final. Despois de vencer nesta ao Deportivo Galicia cun resultado xeral de 6-2, foi coroado campión do torneo e ascendeu á Segunda División.

A Segunda División venezolana 2004/05 comezou co Torneo Apertura 2004, onde o equipo galego rematou no oitavo posto, despois de sumar 20 puntos ao longo do semestre. No Torneo Clausura de 2005, rematou na novena posición de once participantes, despois de obter 21 puntos ao longo do torneo, pechando así o seu primeiro semestre na categoría. Para a tempada 2005-06 da Segunda División, o equipo carabobeño participou no Grupo Centro-Oriental no Torneo Apertura 2005, grupo no que competiu con equipos como o Deportivo Anzoátegui, o Caracas FC B e o Nueva Cádiz FC. Remataron na sexta posición do grupo, con 14 puntos, a só 3 do Caracas FC B, que obtivo o último posto que daba acceso á fase de ascenso a Primeira División. Na segunda metade da tempada xogou o Torneo de Promoción e Permanencia, con equipos do Torneo de Aspirantes 2005/06. Rematou na quinta posición do grupo con só 11 puntos, caendo de novo ao Torneo de Aspirantes.

Segundo ascenso a Segunda División[editar | editar a fonte]

Despois de non competir na primeira metade da tempada, participou no Torneo de Clausura 2007 do Torneo Aspirantes 2006/07, a última tempada na que se disputou este torneo. Rematou na terceira posición do Grupo Centro-Leste, con 20 puntos en 12 partidos, logrando así o ascenso á Segunda División B de Venezuela, da seguinte campaña. A tempada 2007/08 comezou coa Apertura 2007, onde o equipo carabobeño rematou no terceiro posto do Grupo Centro-Leste, con 22 puntos, clasificándose para a fase de ascenso á Segunda División. No Clausura 2008, remataron na terceira posición do seu grupo, conseguindo o ascenso a Segunda.

Na tempada 2008/09, que comezou co Torneo Apertura 2008, obtivo un total de 6 vitorias ao longo do semestre, rematando na sétima posición do torneo, con 21 puntos. No torneo Clausura 2008, rematou na 13ª posición, sumando só 2 vitorias ao longo do semestre e 11 puntos en total. Na táboa acumulada da tempada, foi 12º con 42 puntos, permanecendo na categoría na tempada seguinte.

Descensos a Segunda B e Terceira e paréntese[editar | editar a fonte]

A Segunda División venezolana 2009/10 comezou co Apertura 2009, onde o equipo galego rematou no lugar 16 de 17 participantes, cun total de 12 derrotas en 16 partidos, sumando só 10 puntos ao longo do torneo. No segundo torneo da tempada, o rendemento sería igualmente pobre: só 2 vitorias situárono na 15ª posición da clasificación con só 8 puntos. Na táboa acumulada da tempada, rematou na posición 16, con 18 puntos en total, descendendo así á Segunda División B de Venezuela, para a tempada seguinte.

Tendo como rivais no Grupo Central SC Guaraní, Arroceros de Calabozo, Atlético Cojedes, La Victoria FC e Deportivo Apure FC, participou na primeira parte da Segunda División B venezolana 2010/11, onde finalizou o Torneo Apertura 2010 como último de grupo con 8 puntos ao longo do torneo. Para o Torneo Clausura 2011, volveu exhibir un mal nivel futbolístico, rematando de novo último de grupo, sen sumar unha soa vitoria en todo o semestre e despois de quedar último no seu grupo na Táboa acumulada da tempada, descendeu á Terceira División de Venezuela.

Regreso ao fútbol profesional[editar | editar a fonte]

Tras unha incursión na tempada 2010-2011, continuou competindo a nivel local e nas series interrexionais Sub18 e Sub20, onde obtivo actuacións destacadas. Despois de 3 anos de ausencia, o equipo volveu aos torneos profesionais da FVF na tempada 2014/15, competindo na Terceira División onde compartiu o Grupo Central co Caracas FC B, o Pellicano FC e o Deportivo Peñarol FC entre outros rivais.[2]

Estadio[editar | editar a fonte]

O equipo xoga os seus partidos como local no Campo Manuel Freire, situado en Valencia. Ten unha capacidade aproximada duns 3.000 espectadores.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fútbol". hermandadgallega.net (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2021. 
  2. "Copia archivada". balonazos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2021.