Carlo I Tocco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlo I Tocco
Nacementoséculo XIII
Falecemento4 de xullo de 1429
Lugar de falecementoÉpiro
NacionalidadeReino de Nápoles
Ocupaciónmonarca
PaiLeonardo I Tocco
NaiMaddalena Buondelmonti
CónxuxeFrancesca Acciaiuoli
editar datos en Wikidata ]

Carlo I Tocco, finado en 1429, fillo de Leonardo I Tocco, foi conde de Cefalonia e Zante á morte do seu pai en 1381.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo baixo rexencia da súa nai Maddalena de' Buondelmonti até 1388. Ocupou Natolico, Angelocastron e Dragomeste en 1405 e Ioánina e Arta en 1418, e foi déspota de Acarnania, Etolia e Epiro desde 1418 a 1429. Ocupou Clarentza en 1421 pero perdeuna en 1428. Non tivo fillos lexítimos e adoptou aos do seu irmán Leonardo II Tocco en 1414.

Casou con Francesca Acciaioli, señora de Megara e Sición, filla de Nerio I Acciaioli, duque de Atenas.

O seu fillo ilexítimo Memnone recibiu Acarnania asociado aos fillos adoptivos do pai, e terras en Morea en 1429. Memnone perdeu o que quedaba de Acarnania en 1449.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]