Leonardo I Tocco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonardo I Tocco
Nacemento1310
Falecemento1381 e 1381
PaiGuglielmo Tocco
NaiMargaret Orsini
CónxuxeMaddalena Buondelmonti
FillosCarlo I Tocco, Leonardo II Tocco e Petronella Tocco
editar datos en Wikidata ]

Leonardo I Tocco, señor de Tocco era fillo de Guglielmo Tocco e de Margarita Orsini, e neto de Ricardo I Orsini por vía materna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1358, á morte do seu primo Nicéforo II Orsini herdou Cefalonia e Zante e foi conde até a súa morte en 1381. Tamén foi duque de Léucade e señor de Vonitza desde 1352. Foi favorecido en fronte do seu primo Guido e os seus descendentes, os napolitanos.

Casou con Magdalena Buendelmonti e ao morrer en 1381 deixou unha filla, Petronila (casada con Nicolao II duque do Arquipélago, a cal morreu en 1410) e o fillo e herdeiro Carlos I Tocco, proclamado baixo a rexencia da a súa nai.

Notas[editar | editar a fonte]