Saltar ao contido

Fiat Punto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat Punto
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Características
 Marca
Implicados
 Deseñador/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1993 Editar o valor en Wikidata
 Descontinuación
2018 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/0385ph Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Fiat Punto é un automóbil do segmento B producido polo fabricante italiano Fiat dende o ano 1993 até 2018.[1] Substituíu o Fiat Uno no mercado europeo, e enfróntase a modelos como o Ford Fiesta, o Skoda Fabia, o Opel Corsa, o Renault Clio, o Seat Ibiza ou o Volkswagen Polo. O modelo tivo tres xeración. A terceira xeración do coche comercializouse entre 2005 e 2009 como o "Grande Punto", e entre 2009 e 2012 como o "Punto Evo", ata que se reintroduciu o nome Punto dunha soa palabra. En maio de 2013, vendéranse case nove millóns de unidades en todo o mundo.[2][3]

É un coche de tracción dianteira con motor, tamén, dianteiro transversal de catro cilindros en liña. A produción do Punto da primeira xeración foi de 3,43 millóns de unidades, a da segunda de 2,96 millóns de unidades e a da terceira de 2,67 millóns de unidades.[4]

  1. "Addio Fiat Punto e Alfa Romeo MiTo: è la fine di un'era" (en italiano).
  2. "Fiat Punto: sucesso no Brasil e no mundo". fiatpress.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2016. Consultado o 2 de maio de 2013.
  3. "Fiat Punto 2012: the evolution of a best seller". fcapress.com.br. Consultado o 8 de maio de 2013.
  4. "Laatste Fiat Punto van de band, einde van een tijdperk" [Last Fiat Punto off the production line, end of an era]. Auto Edizione (en neerlandés). 2 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.