Sergio Olmos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergio Olmos
Información persoal
Nacemento 21 de setembro de 1986 (37 anos)
Elda, Alacant
Nacionalidade España España
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Posición Pivote
Información da carreira
Universidade Temple (2005–2009)
Carreira 2009–2020
Historial de equipos
La Palma (2009–2010)
Palencia (2010–2011)
Valencia Basket (2011)
Cáceres (2011–2012)
Ford Burgos (2012–2015)
Básquet Coruña (2015–2018)
Fundación CB Granada (2018–2020)

Sergio Olmos Pardo, nado o 21 de setembro de 1986 en Elda (Alacant), é un ex xogador español de baloncesto profesional. Nas súas once tempadas coma xogador profesional destacan as tres que xogou no Básquet Coruña da Liga LEB Ouro, co que disputou nas tres ocasións o ascenso á Liga ACB.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 2011, Olmos asinou un contrato de dous meses co Valencia Basket da Liga ACB, para axudar ó equipo durante a pretempada.[1] Tras dous meses en Valencia, Olmos desvinculouse do equipo.[2]

O 31 de xullo de 2012, Olmos asinou co Autocid Ford Burgos da Liga LEB Ouro.[3]

O 27 de xullo de 2015, Olmos asinou un contrato dunha tempada co Leyma Básquet Coruña da LEB Ouro.[4] O 4 de xullo de 2016, anunciouse a renovación de Olmos por unha tempada máis.[5] O 7 de xullo de 2017, Olmos comprometeuse co Básquet Coruña por terceira tempada consecutiva tras renovar de novo o seu contrato.[6] Tras tres tempadas na Coruña, nas que disputou tres fases de ascenso á Liga ACB, Olmos anunciou a súa marcha do equipo coruñés en xuño de 2018.[7]

O 18 de xuño de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Fundación CB Granada, equipo debutante na LEB Ouro.[8]

Tras dúas tempadas en Granada, e tras once tempadas no baloncesto profesional, Sergio Olmos anunciou a súa retirada o 17 de maio de 2020.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]