Instituto Tecnolóxico de California
O Instituto Tecnóloxico de California, en inglés California Institute of Technology ou "Caltech", está situado en Pasadena, nos Estados Unidos e é unha das principais institucións mundiais dedicadas á ciencia, á enxeñería e á investigación.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A data de 2005, conta con 31 premios Nobel, 17 de antigos alumnos, 14 de profesores non antigos alumnos, 4 de profesores quen son antigos alumnos (Carl D. Anderson, Linus Pauling, William A. Fowler, e Edward B. Lewis). Caltech tamén controla e dirixe o Jet Propulsion Laboratory da axencia espacial americana NASA.
Fundado en 1891, o seu lema é "A Verdade farache Libre", en inglés "Truth Shall Make You Free." As súas seis divisións de bioloxía, química e enxeñería química, enxeñería e ciencias aplicadas, ciencias planetarias e Xeolóxicas, Humanidades e Ciencias sociais, e Física, Matemáticas e Astronomía acollen en conxunto a uns 900 alumnos de carreira e a uns 1.200 alumnos de doutoramento.
Premios Nobel
[editar | editar a fonte]- Robert Andrews Millikan - Física 1923
- Thomas Hunt Morgan - Medicina 1933
- Carl David Anderson - Física 1936
- Edwin Mattison McMillan - Química 1951
- Linus Carl Pauling - Química 1954, Paz 1962
- William Bradford Shockley - Física 1956
- George Wells Beadle - Medicina 1958
- Donald Arthur Glaser - Física 1960
- Rudolf Mößbauer - Física 1961
- Charles Hard Townes - Física 1964
- Richard Feynman - Física 1965
- Murray Gell-Mann - Física 1969
- Max Delbrück - Medicina 1969
- Leo James Rainwater - Física 1975
- David Baltimore - Medicina 1975
- Renato Dulbecco - Medicina 1975
- Howard Martin Temin - Medicina 1975
- William Lipscomb - Química 1976
- Robert Woodrow Wilson - Física 1978
- Roger Sperry - Medicina 1981
- Kenneth Geddes Wilson - Física 1982
- William Alfred Fowler - Física 1983
- Rudolph A. Marcus - Química 1992
- Edward B. Lewis - Medicina 1995
- Douglas Osheroff - Física 1996
- Robert C. Merton - Economía 1997
- Ahmed H. Zewail - Química 1999
- Leland H. Hartwell - Medicina 2001
- Vernon Lomax Smith - Economía 2002
- H. David Politzer - Física 2004
- Robert H. Grubbs - Química 2005
- Barry Barish - Física 2017
- Kip Thorne - Física 2017