Pilro bulebule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calidris alba»)
Pilro bulebule

Laem Phak Bia, Phetchaburi, Tailandia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: C. alba
Nome binomial
Calidris alba
Pallas, 1764
Área de cría
Área de cría

Área de cría
Sinonimia
  • Crocethia alba
  • Erolia alba

O pilro bulebule[2][3][4] ou pilro tridáctilo[5] (Calidris alba) é unha ave limícola de pequeno tamaño.

Descrición[editar | editar a fonte]

Mide de 18 a 21 cm de lonxitude. No inverno destaca pola súa plumaxe moi clara: a parte superior é gris ou gris moi clara, case branca, a inferior é branca. Teñen unha mancha negra nos ombreiros. As patas e o bico son escuras. Ten tres dedos nos pés, faltando o dedo posterior. En voo teñen aparenza gris pratexada, cunha banda alar branca ben visible.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cría na tundra ártica na tundra e en illas árticas coma as Spitzbergen. A subespecie Calidris a. alba cría na zona euroasiatica e a C. a. rubida, na americana.

A época de cría é curta. Fan en xeral dúas postas de 3 ou 4 catro ovos de cor verde oliva cada unha.

Hábitat é distribución[editar | editar a fonte]

En inverno aparece a miúdo en praias de area, nas que captura crustáceos é vermes. É caraterística a súa habilidade para fuxiren das ondas sen ter que voar. Dependendo das poboboacións fan só migracións curtas no inverno ou de longa distancia, que os levan ata Suráfrica, Australia e Suramérica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Calidris alba". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  3. Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9. 
  4. "Pilro". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  5. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.