Saltar ao contido

Caja Rural de Lérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caja Rural de Lérez
Tipocaja rural
Data de fundación1925
SedeLérez
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Caja Rural de Lérez foi unha entidade financeira de Lérez (Pontevedra), activa entre 1925 e 1936.

Foi creada o 11 de novembro de 1925, impulsada por Manuel Gama Casalderrey, que sería o seu xerente até 1934. O seu propósito era axudar á mellora das condicións laborais no sector agrario, a través de axudas ao cooperativismo e a industrialización.

...la libertad política no puede existir sin previa libertad económica y que el caciquismo no es sino el efecto de la esclavización económica, de la miseria material del rus gallego. Si paralelamente a esa labor de fogueamiento espiritual se hubiesen creado en nuestro agro instituciones de carácter económico en cuyo seno el labrador encontrase solución a sus problemas permanentes, a estas horas el caciquismo sería un triste hecho en la Historia de Galicia, pero no una realidad actual[...]. El día pues que los labradores gallegos, organizados en potentes cooperativas sean ellos quienes dirijan las diversas funciones de su actividad económica (el crédito, la compra, la venta, la industrialización de sus productos etc) ese día serán ellos también los dueños del destino político del país por ser ellos no solo los creadores sino también los rectores de la riqueza básica específica de la región.
Artigo de Manolo Gama en El Pueblo Gallego, 20 de agosto de 1930.
19/03/1933 Caja Rural de Lerez

Dous meses despois da súa creación mercáronse uns terreos entre a rúa de Juan Bautista Andrade e a estrada a Campo Lameiro, para construír un local social. O edificio, deseñado polo arquitecto Emilio Salgado Urtiaga, inaugurouse o 19 de marzo de 1933[1]. Contaba cun andar adicado á cooperativa de consumo, e permitiu ampliar as seccións xa existentes, como a de crédito agrícola.

En 1927 iniciouse a publicación da revista Vida Agraria, dirixida polo avogado Joaquín Poza Juncal. En 1928 abriuse na zona vella de Pontevedra un bodegón cooperativo, para fomentar a venda dos viños da zona. En marzo de 1931 a caixa pasa a ser comarcal, prestando os seus servizos ás parroquias veciñas de Alba, Campañó, Cerponzóns, Xeve, Santa María de Xeve e Verducido. Ao tempo, constitúese un novo consello de administración.

A institución organizaba conferencias, impartidas por personalidades como Bibiano Fernández Osorio-Tafall, e mitins, contando coa presenza do avogado lerezán Valentín Paz-Andrade. Amais de prestar servizos ás persoas que traballaban no sector primario, nela depositaron os seus fondos varios sindicatos de tendencia comunista da Federación Obreira Local, como os de canteiros e do sector da metalurxia[2].

Durante os anos da II República Española houbo diversos factores que danaron a economía da caixa, como a crise económica provocada pola Gran Depresión, as malas colleitas, a construción do edificio e a retirada de fondos dos sindicatos por mor das folgas.

En 1934 Manolo Gama deixou a xerencia por motivos de saúde. O seu último presidente foi Juan Pérez Piñeiro, coñecido como 'O Calacú'.

Tralo Alzamento Nacional, membros da Guardia Cívica e falanxistas apoderáronse dos bens da sociedade. En decembro de 1937 o párroco Leandro del Río Carnota promoveu a creación no local dun pequeno hospital, pero a proposta non saíu adiante, malia contar co apoio da Deputación de Pontevedra. O 21 de abril de 1938, por mandato xudicial, a administración da caixa pasou de modo interino á Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

  1. "Caja Rural de Lérez inagura su edificio social". El Pueblo Gallego (Pontevedra). 19/03/1933. p. 7. Consultado o 04/07/2023. 
  2. artigo no voceiro socialista La Hora, 14 de xaneiro de 1932.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]