Grupo Banesco
Grupo Banesco, tamén coñecido como Banesco Holdig, e un grupo bancario presidido polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet —que, á súa vez, é o presidente da entidade bancaria venezolana Banesco— que ten a súa sede en Madrid, España.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo foi establecido no ano 2007 coa finalidade de operar baixo a protección do Banco de España e da Unión Europea no tratamento do réxime fiscal para as sociedades anónimas e a seguridade xurídica para os seus investimentos noutros países, á marxe das autoridades financeiras venezolanas. Está formado por diversas entidades en Panamá, República Dominicana, Estados Unidos, Colombia e Galicia.[1]
Nos últimos meses o banco presidido por Escotet procedeu a impulsar cambios na súa estrutura societaria en España, coa vista posta en crecer. Así, o grupo procedeu a constituír Banesco Holding Hispania, froito da integración doutras filiais, entre elas Banesco Holding Latinoamérica, Banesco Corporación Holding Hispania e Banesco Holding Financiero 2. Así mesmo, procedeu á fusión do seu holding en España con Banesco Dutch Holding BV, domiciliada en Holanda polas súas grandes vantaxes fiscais.[1]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Compra do Banco Etcheverría
[editar | editar a fonte]O galego Banco Etcheverría, con sede en Betanzos, en 2002 vendeu o 37,12 % do seu capital a Caixa Galicia,[2] e, en abril de 2013, Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría de NCG Banco, herdeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidad venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría.[3]
A entrada do primeiro banco privado de Venezuela incluía a compra do 44,7 % que posuía Novagalicia. Posteriormente, coa saída de parte da familia fundadora, os Etcheverría, Juan Carlos Escotet facíase con máis de 70 % do centenario banco. Coa saída do Etcheverría, Novagalicia iniciaba un novo plan de desinvestimentos de acordo cos mandatos de Bruxelas e, á súa vez, a entidade con sede en Betanzos aceleraba o seu crecemento na comunidade autónoma coa apertura de 50 oficinas e a creación de ao redor de 200 postos de traballo. Tras a entrada de Banesco, Javier Etcheverría continúa como presidente e, o novo conselleiro delegado, Francisco Botas, home de confianza de Escotet, lidera o novo proxecto.[1]
Compra de Novagalicia Banco
[editar | editar a fonte]O 19 de novembro de 2013, o FROB, propietario de Novagalicia Banco despois da súa nacionalización, abriu o proceso de ofertas vinculantes para a poxa deste banco. Os bancos interesados foron Banco Santander, BBVA, La Caixa (CaixaBank) e Banesco, mentres que entre os fondos que apostaban pola entidade galega estaban Guggenheim, WL Ross, JC Flowers e Anchorage.[4][5] As ofertas vinculantes deberían remitirse antes do 16 de decembro e, unha vez recibidas e "sempre que unha non resulte substancialmente máis favorábel que o resto", se abriría unha segunda fase, na que se seleccionarían "as tres entidades que presentaran mellores ofertas". A estas tres se lles pediría entón que realizaran a "súa oferta definitiva".[6]
Finalmente, o 18 de decembro de 2013, o FROB anunciou a adxudicación da poxa por Novagalicia Banco, ante a sorpresa da maioría dos observadores, que apostaban por un banco español, especialmente La Caixa, a Banesco, que presentou a oferta como Banco Etcheverría/Grupo Banesco. A adxudicación foi por 1.003 millóns de euros, e sen solicitude de axudas públicas. Banco Etcheverría/Grupo Banesco asumiu o control da entidade galega co compromiso de manter a xestión, a sede e a obra social en Galicia, e o emprego, así como abordar a concesión de novos créditos a familias e pemes por un importe superior aos 9.000 millóns de euros.[7]
Filiais
[editar | editar a fonte]- Banco Etcheverría
- Banesco Colombia [8]
- Banesco Panamá
- Banesco Puerto Rico [9]
- Banesco República Dominicana
- Banesco USA [10] (en inglés)
- Novagalicia Banco
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Economía Digital". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
- ↑ Caixa Galicia adquiere el 37% del Banco Etcheverría por 13,25 millones ABC, 21-12-2002.
- ↑ Banco Etcheverría ganó 641.000 euros en 2012, un 82,6 % menos Arquivado 06 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Lainformacion.com.
- ↑ El fondo de rescate abre el proceso de privatización de Novagalicia Arquivado 22 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. El País, 12-11-2013.
- ↑ Hoy arranca la subasta de NCG Arquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Expansión, 18-11-2013.
- ↑ El FROB amplía el plazo para realizar ofertas vinculantes por NCG Banco Arquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Expansión, 4-12-2013.
- ↑ Banco Etcheverría Grupo Banesco ganó subasta de NCG Arquivado 06 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Banesco, 18-12-2013.
- ↑ "Grupo Banesco llega a Colombia para apoyar el segmento empresarial". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014.
- ↑ "Banesco USA abre sus puertas en Puerto Rico". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014.
- ↑ Exclusive: Bank Secrecy Act issues led to CEO ousting at Banesco USA, sources say