Célula enterocromafín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As células enterocromafíns (ou células EC ou células de Kulchitsky [1]) son un tipo de células enteroendócrinas [2] que se encontran fundamentalmente no epitelio que reviste o interior do tracto dixestivo.

Funcións[editar | editar a fonte]

Serotonina. As células enterocromafíns segregan serotonina.

Segregan serotonina (ou 5-hidroxitriptamina ou 5-HT). Estas células conteñen aproximadamente o 90% de toda a serotonina almacenada no corpo. [3]

No tracto gastrointestinal, a serotonina (5-HT) é importante na resposta a estímulos químicos, mecánicos ou patolóxicos na luz do tracto dixestivo, xa que axuda a regular os movementos intestinais. Estes estímulos activan reflexos peristálticos e secretores, e as vías vagais aferentes (a través dos receptores 5-HT3) que envían sinais ao cerebro (importantes na xeración de náuseas). O fármaco Ondansetron é un antagonista do receptor 5-HT3 e un efectivo antiemético (antivomitivo). A serotonina que segregan as células enterocromafíns e que se filtra dos tecidos ata o sangue é despois almacenada nas plaquetas.

As células enterocromafíns son estimuladas pola hormona gastrina, unha molécula que se produce no antro estomacal polas células G.

Orixe[editar | editar a fonte]

Derivan da crista neural. [4] As células enterocromafíns derivan das mesmas células ca o resto do epitelio, e non derivan do grupo de células migratorias da crista neural que orixinan o sistema nervioso entérico. [5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Denomínanse "entero"[6] pola localización no tracto dixestivo (enteron), e "cromafíns" porque reaccionan cos sales de cromo adquirindo unha coloración. Outras células con propiedades tintoriais similares son as células cromafíns da medula suprarrenal ou as células ECL.

"Células similares ás enterocromafíns"[editar | editar a fonte]

Artigo principal: célula ECL.

Outras células da parede estomacal similares tintorialmente son as chamadas células similares ás enterocromafíns ou células ECL. Estas células aínda que teñan un aspecto similar teñen unha función moi diferente, xa que non segregan serotonina senón histamina, e axudan a estimular a secreción de ácido no estómago por parte das células parietais. Non deben confundirse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GP notebook Kulchitsky cell
  2. MeshName - Enterochromaffin+Cells Enterochromaffin cell
  3. Josef Donnerer, Fred Lembeck (2006). The chemical languages of the nervous system: history of scientists and substances. Karger Publishers. pp. 161–. ISBN 9783805580045. http://books.google.com/books?id=HkOhFssK5UIC&pg=PT161. Consultado o 23 May 2011. 
  4. Tao Le, Vikas Bhushan, Neil Vasan (1 January 2010). First Aid for the USMLE Step 1, 2010. McGraw Hill Professional. pp. 119–. ISBN 9780071633406. http://books.google.com/books?id=eVAtPktgw0UC&pg=PA119. Consultado o 11 November 2010. 
  5. Thompson M, Fleming KA, Evans DJ, Fundele R, Surani MA, Wright NA (October 1990). "Gastric endocrine cells share a clonal origin with other gut cell lineages". Development 110 (2): 477–81. PMID 2133551. 
  6. Entero- definition - Medical Dictionary definitions of popular medical terms easily defined on MedTerms

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]