Célula do nevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As células do nevo, células do nevus ou nevocitos son unha variante dos melanocitos. [1] Son máis grandes ca ou melanocitos típicos, non teñen prolongacións dendríticas, e teñen un citoplasma máis abundante con grosos gránulos.[2] Normalmente están situados na zona de unión dermoepidérmica ou na derme da pel.

As células do nevo dérmicas poden ser clasificadas en tres tipos: célula do nevo dérmica (epitelioide) tipo A, que madura formando as células do nevo dérmicas (linfocitoides) tipo B, que á súa vez se diferencian máis en células do nevo dérmicas (neuroides) de tipo C. Este proceso de maduración prodúcese mentres migran cara a zonas máis profundas da pel.[2]

As células do nevo son o principal compoñente do nevo melanocítico (nevo, lunar).

As células do nevo poden atoparse tamén nos nódulos linfáticos. [3] e no timo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James, William D.; Berger, Timothy G. et al. (2006). Andrews' Diseases of the Skin: clinical Dermatology. Saunders Elsevier. p. 684. ISBN 0-7216-2921-0. 
  2. 2,0 2,1 Habif, Thomas P. (2010). Clinical Dermatology, 5th ed. Mosby. p. 847. ISBN 978-0-7234-3541-9. 
  3. Biddle DA, Evans HL, Kemp BL et al. (May 2003). «Intraparenchymal nevus cell aggregates in lymph nodes: a possible diagnostic pitfall with malignant melanoma and carcinoma». Am. J. Surg. Pathol. 27 (5): 673–81. doi:10.1097/00000478-200305000-00011. PMID 12717252. 
  4. Parker JR, Ro JY, Ordóñez NG (March 1999). «Benign nevus cell aggregates in the thymus: a case report». Mod. Pathol. 12 (3): 329–32. PMID 10102620.