Branca II de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Branca II de Navarra
Raíña de Navarra
(de iure)
Blanca II de Navarra.jpg
Raíña de Navarra
23 de setembro de 1461 - 2 de decembro de 1464
PredecesorCarlos IV
SucesorLeonor I[1]

Outros títulosPrincesa consorte de Asturias (1440-1453)
Nacemento9 de xuño de 1424
Olite, Reino de Navarra
Falecemento2 de decembro de 1464
Orthez, Bearne, Aquitania, Francia
SepulturaLescar
ConsorteHenrique IV de Castela
(div. 1453)
Casa realTrastámara
Évreux
ProxenitoresXoán II de Aragón
Branca I de Navarra

Escudo de Branca II de Navarra
Escudo de armas de Branca II de Navarra
La reina Blanca II de Navarra. Cadro de José Moreno Carbonero (1860–1942). Museo do Prado (depositado na USC).

Branca de Trastámara e de Évreux, nada en Olite, Reino de Navarra, o 9 de xuño de 1424 e finada en Orthez, Bearne, Aquitania, Francia o 2 de decembro de 1464, foi infanta de Aragón e de Navarra, infanta de Castela polo seu matrimonio co infante Henrique de Castela e, finalmente, raíña titular de Navarra como Branca II (1461-1464).

Foi o terceiro descendente e segunda filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.

A súa irmá maior, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte a súa nai en raíña Branca I de Navarra e o seu pai en rei Xoán II (que tamén foi rei de Aragón e de Sicilia).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Branca era a filla terceira do infante de Castela e León e de Aragón, duque de Peñafiel e futuro rei de Navarra, da coroa de Aragón e de Sicilia, Xoán II, e da súa primeira esposa, a ex raíña consorte de Sicilia e futura raíña de Navarra, Branca.[2][3][4][5][6]

A súa irmá maior, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte á súa nai en raíña Branca I de Navarra, e ao seu pai en rei Xoán II.

O 22 de novembro de 1436, asínase en Toledo a paz entre Navarra e Castela, tras cumprirse seis anos do establecemento das Treguas de Majano. Como consecuencia da mesma acórdase o matrimonio da infanta Branca, que tiña 12 anos, con Henrique, príncipe herdeiro de Castela, que tiña 11 anos, recuperando Navarra deste modo as vilas e castelos perdidos durante a guerra.[7]

A raíña Branca I acompañou á súa filla a Castela para o seu matrimonio formal con Henrique de Castela, que tivo lugar na catedral de Valladolid o 15[2] ou o 16 de setembro de 1440,[3] cando Branca tiña 16 anos e o príncipe cumprira os 15.

Unha vez en Castela, a soberana de Navarra aproveitou para realizar unha peregrinación ao santuario de Guadalupe, en Extremadura, pero tamén usou esta oportunidade para mediar nas constantes disputas do seu marido cos nobres casteláns; o que a leva a un constante movemento no reino castelán, onde acabaría falecendo en Santa María la Real de Nieva (Segovia) o 1 de abril de 1441. Foi sepultada na igrexa do Mosteiro desa localidade, en contra do desexo expresado no seu testamento de ser enterrada en Ujué (Navarra).[7][8]

En 1451, dez anos despois da morte da raíña Branca I, comezou a Guerra civil de Navarra, cando a coroa do reino foi usurpada polo seu segundo esposo, o rei Xoán II de Aragón, pai de Branca e rei de Navarra jure uxoris (por matrimonio), quen se negou a cederlla ao seu lexítimo herdeiro, o seu fillo Carlos, príncipe de Viana e de Xirona.[9] Durante esta guerra, que rematou en 1455, Branca vive en Castela un infeliz matrimonio, que será finalmente anulado por non consumación,[10] o 2 de maio de 1453, aducindo o príncipe Henrique que unha "impotencia recíproca debida a influencias malignas" lle impediu intimar coa súa esposa.[11]

Branca regresa a Navarra repudiada e sen os bens acordados nas capitulacións do seu matrimonio por ser este anulado, debendo seu pai Xoán II encargarse de sufragar as súas necesidades, feito que o incomodaba, pois o rei sentía unha grande aversión tanto por ela como polo seu irmán maior Carlos de Viana; a súa irmá menor Leonor, condesa de Foix, tampouco lle tiña estima, e Xoana Enríquez, a súa madrasta, cuxa única preocupación era colocar ao seu fillo Fernando no trono de Navarra, fixo o posíbel por perdela.[11]

Antes de morrer o seu irmán o príncipe Carlos de Viana, o 23 de setembro de 1461, redactou o seu testamento no que instituíu á súa irmá Branca como herdeira, ratificando así as cláusulas do testamento da súa nai Branca I de 17 de febreiro de 1439, no cal se estipulaba que a coroa debía pasar ao maior dos fillos vivos da parella.[12]

Xoán II, que tiña a Branca prisioneira en Olite, propón á súa filla casar con Carlos, duque de Berry, irmán menor de Luís XI de Francia. En realidade, esta proposta de matrimonio foi un engano proxectado por Xoán II co fin de sacar de Navarra a Branca e afastala dos seus partidarios, os beaumonteses, que trataban de liberala. De todos os modos, Branca rexeitou a proposta do seu pai.[13]

O rei Xoán II, furioso pola rebeldía da súa filla, reaccionou iradamente entregándoa á súa outra filla Leonor e ao su marido, o conde Gastón IV de Foix. No traxecto da viaxe que a conducía a Bearne, señorío dos seus peores inimigos, Branca realizou unha protesta escrita polo seu secuestro (Roncesvalles, 23 de abril de 1462), na que afirmaba que a levaban en contra da súa vontade, pedía o perdón divino para o seu pai e, ante a posibilidade de que a obrigaran a testar baixo os intereses de Xoánn II e os condes de Foix, pedía que calquera testamento realizado en favor da súa irmá Leonor como herdeira (o a súa descendencia) fora considerado inválido.[11]

Uns días despois (30 de abril), en Saint-Jean-Pied-de-Port, e temendo que os que pretenden os seus dereitos lle quiten a vida, fai testamento designando como herdeiro ao seu ex-marido e agora rei Henrique IV de Castela o Impotente[11] (o que suporía a unión das coroas de Navarra e Castela).

Unha vez en Bearne, Branca foi encarcerada na Torre Moncada, en Orthez, onde morreu o 2 de decembro de 1464 baixo estrañas circunstancias. Algúns historiadores indican que foi asasinada por orde da súa irmá e, outros, baixo a man do seu propio pai.[11] [14] Foi sepultada no panteón da igrexa catedral de Lescar.

En contra do disposto lexitimamente por Branca, Xoán II seguiu como rei en Navarra até a súa morte (en 1479), e foi sucedido por Leonor (que á morte de Branca fora nomeada Lugartenente xeneral de Navarra).[2]

Antepasados de Branca II de Navarra[editar | editar a fonte]

Medallóns no claustro plateresco do Mosteiro de Santa María de Huerta. Esquerda, Branca de Navarra. Dereita, Henrique IV de Castela.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Henrique II de Castela (= 14)
 
 
 
 
 
 
 
8. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Xoana Manuel (= 15)
 
 
 
 
 
 
 
4. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Aragón e de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
2. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso XI de Castela (= 28)
 
 
 
 
 
 
 
10. Sancho de Castela, 1º conde de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Leonor de Guzmán (= 29)
 
 
 
 
 
 
 
5. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Pedro I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
11. Infanta Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Castro
 
 
 
 
 
 
 
1. Branca II de Navarre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
12. Carlos II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xoán II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
13. Xoana de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Bona de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
3. Branca I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Afonso XI de Castela (= 20)
 
 
 
 
 
 
 
14. Henrique II de Castela (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor de Guzmán (= 21)
 
 
 
 
 
 
 
7. Leonor de Trastámara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Manuel
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana Manuel (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Branca Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Carlos IV de Navarra
1441 – 1461
con
Xoán II

1441 - 1479

Branca II de Navarra
Armoiries Aragon Navarre.png
Raíña de Navarra
de jure

1441 - 1479
Sucesor:
Leonor I
1464 – 1479
con
Xoán II
1464 – 1479

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que en 1462 Branca deixou en herdanza o reino de Navarra a Henrique IV de Castela, este xa deixara de reclamar o reino cando ela morreu, polo que Leonor, como irmá de Branca, e co apoio do seu pai Xoán II de Navarra e do seu marido Gastón de Foix, puido confirmarse como sucesora no trono navarro. Ao contrario que os seus irmáns, Leonor recoñeceu ao seu pai como lexítimo rei de Navarra e, até a morte del non reclamou o seu dereito a reinar.
  2. 2,0 2,1 2,2 Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Casa de Ivrea - xenealoxía (en inglés).
  4. Xoán II de Aragón en PEDIGREE (en inglés).
  5. Xoán II de Aragón Arquivado 09 de agosto de 2004 en Wayback Machine. xenealoxía, en mittelalter (en alemán).
  6. Branca I de Navarra Arquivado 13 de agosto de 2004 en Wayback Machine. xenealoxía, en mittelalter (en alemán).
  7. 7,0 7,1 Ramírez Vaquero, Eloísa (1999): "La reina Blanca y Navarra" en Príncipe de Viana, ano nº 60, Nº 217, páxs. 323-340.
  8. Biografías y Vidas. "Blanca I de Navarra". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  9. Lacarra, José María (1975): Historia del Reino de Navarra en la Edad Media. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra. ISBN 84-500-7465-7.
  10. "Testimonio de la sentencia de divorcio entre el príncipe D. Enrique y la infanta doña Blanca", incluído na Colección de documentos inéditos para la historia de España, vol. XL, páxs. 444–450.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Blanca II na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
  12. Blanca I de Navarra na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
  13. Diariovasco.com: En busca de La Encontrada.
  14. Orpustan 2007, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]