Brachymystax
Brachymystax | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brachymystax lenok | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Brachymystax é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.[1][2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.[1][2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Brachymystax está formado pola unión dos elementos do latín científico brachy- e -mixtax, tirados das voces do grego antigo βραχύς brachýs, "curto" e μυσταξ mystax, "bigote", respectivamente,[4] en alusión ao pequeno rebordo que sobresae por riba do labio superior.
Especies
[editar | editar a fonte]No xénero recoñécense tres especies:[1][2][3]
- Brachymystax lenok (Pallas, 1773)
- Brachymystax savinovi Mitrofanov, 1959
- Brachymystax tumensis T. Mori, 1930
Distribución
[editar | editar a fonte]Viven e ríos e lagos de Mongolia, Casaquistán, máis amplamente en Siberia (incluído o Extremo Oriente ruso), e no norte da China e en Corea.[5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Teñen unha anatomía parecida á doutros salmónidos. O tamaño máximo descrito foi de 70 cm.[7]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Son peixes anádromos. Cando viven no mar son bentopeláxicos, e remontan os ríos até a seu treito máis alto para reproducírense.[8]
Cando en inverno conxelase a parte superior de ríos e lagos, viven ben baixo o xeo.[9]
Son depredadores de todo animal pequeno que encontren.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Brachymystax Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Brachymystax Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 16 de marzo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Brachymystax Günther, 1866 na BioLib. Consultada o 16 de marzo de 2020.
- ↑ Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
- ↑ Kartavtseva, I. V.; Ginatulina, L. K.; Nemkova, G. A. & Shedko, S. V. (2013): "Chromosomal study of the lenoks, Brachymystax (Salmoniformes, Salmonidae) from the South of the Russian Far East". Journal of Species Research 2 (1): 91-98.
- ↑ Alekseev, S. S. & Osinov, A. G. (2006): "Blunt-snouted lenoks (genus Brachymystax: Salmoniformes, Salmonidae) from the Ob' basin: New data on morphology and allozyme variation". Journal of Ichthyology 46 (7): 500–516.
- ↑ IGFA, 2001. "Database of IGFA angling records until 2001". IGFA, Fort Lauderdale, EEUU.
- ↑ Riede, K. (2004): "Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081". Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemania.
- ↑ Chyung, M.-K. (1977): The fishes of Korea. Seúl, Corea do Sur: Il Ji Sa Publishing Co. Seul.
- ↑ Bogutskaya, N. G. & A. M. Naseka (1996): "Cyclostomata and fishes of Khanka Lake drainage area (Amur river basin). An annotated check-list with comments on taxonomy and zoogeography of the region". Zool. Inst. Russ. Acad. Sci.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brachymystax |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Brachymystax |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): Epecies de Stenodus Arquivado 14 de marzo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.