Brachymystax tumensis
Brachymystax tumensis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Individuo da poboación de Corea do Sur (Ver no texto a súa posición taxonómica) | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Non avaliado[1][2] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Brachymystax tumensis Mori, 1930 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Brachymystax tumensis é unha especie de peixe da orde dos perciformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos,[3][4][5] unha das tres icluídas no xénero Brachymystax.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1930 polo naturalista xaponés, nado en Corea, Tamezo Mori,[3][4][5] na súa obra:[4]
- Mori, Tamezô (1930): "On the fresh water fishes from the Tumen River, Korea, with description of new species". Journal of Chosen Natural History Society (11): 39-49.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Brachymystax.
O epíteto específico, tumensis, alude á súa presenza no río Tumen (Corea).
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmengte válido, a especike coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
- Brachymystax lenok czerskii Kirillov in Kirillov et al., 1979
- Brachymystax lenok tsinlingensis Li, 1966
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]Anteriormente Brachymystax tumensis incluíuse na especie máis estendida Brachymystax lenok, pero investigacións recentes baseadas en diferenzas de morfolóxícas e xenéticas xustificaron a súa consideración como especies diferentes.[6][7][8][9]
Algúns autores incluíron antigamente á poboación surcoreana en Brachymystax tsinlingensis en lugar de en B. tumensis,[10] e isto parece estar apoiado polo ADNmt (aínda que a súa posición taxonómica exacta aínda está por determinar).[11]
Hábiat
[editar | editar a fonte]Brachymystax tumensis é un peixe bentopeláxico que vive en augas doces temperadas.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Habita en ríos e lagos do leste asiático. Distribúese amplamente polo sueste de Rusia e, máis localmente, polo nordeste e o centro deste país (incluíndo a illa Sakhalin), así como polo nordeste de Mongolia (conca do río Amur), o norte da China e Corea (por exemplo, no río Tumen).[2][6]
Nalgunhas rexións, como a conca do Amur, a súa área de distribución pode solaparse coa de B. lenok.[6][7][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Convention on the Conservation of Migratory Species of Wild Animals (CMS), 2015. Consultada o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Brachymystax lenok en FishBase. Cosultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Brachymystax tumensis Mori, 1930 no WoRMS. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Brachymystax tumensis Mori, 1930 no GBIF. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Brachymystax tumensis Mori, 1930 na BioLib. Consultada o 23 de marzo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Kartavtseva, I. V., Ginatulina, L. K., Nemkova, G. A. & Shedko, S. V. (2013): "Chromosomal study of the lenoks, Brachymystax (Salmoniformes, Salmonidae) from the South of the Russian Far East". Journal of Species Research 2 (1): 91-98.
- ↑ 7,0 7,1 Bo, M. A. & Jiang, Zuo-fa (2007): "Genetic diversity and relationship between two species of Brachymystax in Wusuli River revealed by microsatellites". Journal of Fishery Sciences of China 14: 39-45.
- ↑ Balakirev, E. S., Romanov, N. S. & Ayala, F. J. (2014): "Complete mitochondrial genome of blunt-snouted lenok Brachymystax tumensis (Salmoniformes, Salmonidae)". Mitochondrial DNA '27: 1-2.
- ↑ 9,0 9,1 Froufe, E., Alekseyev, S., Alexandrino, P. & Weiss, S. (2008): "The evolutionary history of sharp- and blunt-snouted lenok (Brachymystax lenok (Pallas, 1773)) and its implications for the paleo-hydrological history of Siberia". BMC Evolutionary Biology 8: 40.
- ↑ Kim, I. S. & Park, J. Y. (2002). 한국의 민물고기 [Peixes de auga doce de Corea]. Kyo-Hak Publishing Co., Seúl. ISBN 89-0907-175-3.
- ↑ Xing, Y.-C., Lv, B.-B., Ye, E.-Q., Fan, E.-Y., Li, S.-Y., Wang, L.-X., Zhang, C. G., & Zhao, Y.-H. (2015). "Revalidation and redescription of Brachymystax tsinlingensis Li, 1966 (Salmoniformes: Salmonidae) from China". Zootaxa 3962 (1): 191–205.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición. Upper Saddle River, Nova Jersey: Prentice-Hall.
- Nelson, J. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.
- Wheeler, A. (1985): The World Encyclopedia of Fishes, 2ª edición. Londres: Macdonald. ISBN 978-0-3561-0715-8.