A Igrexa, Boullón, Brión
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Igrexa.
| A Igrexa | |
|---|---|
Cruceiro no lugar da Igrexa de Boullón | |
| Parroquia | Boullón |
| Concello | Brión |
| Coordenadas | 42°50′57″N 8°42′41″O / 42.8493, -8.7113 |
| Poboación | 0 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Igrexa é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa)[1] débese á presenza no lugar da igrexa de San Miguel de Boullón.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Miguel é de finais do século XVII ou comezos do XVIII. Ten planta rectangular e posúe dous retablos. A sancristía áchase na cabeceira da igrexa.[2]
No adro da igrexa hai un cruceiro e en fronte del un recinto pechado cuxa porta está rematada por unha cruz de pedra flanqueada por dous pináculos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Boullón
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Boullón no concello de Brión (A Coruña) | |
|---|---|
Parroquias de Brión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ San Miguel de Boullón na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da parroquia Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na web do Hotel Rosalía.