Borja Quiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Borja Quiza
Borja Quiza, Ensaio Tristán e Isolda, Palacio da ópera, A Coruña.jpg
Borja Quiza en 2013.
Nacemento1982
OrixeLadrido, Ortigueira
Galiza Galiza
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozBarítono
Na rede
www.borjaquiza.com
editar datos en Wikidata ]

Borja Quiza, nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, é un tirador de esgrima e barítono galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Ortigueira trasladouse á Coruña onde se licenciou en Informática na Universidade coruñesa. Alí tamén empezou a cantar de xeito afeccionado, primeiro no coro municipal da cidade, logo na coral Follas Novas e posteriormente no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Practicante de esgrima, foi subampión de España júnior de florete.

A partir de aí dá o salto ao eido profesional como intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela. Na tempada 2011/12 foi o 8º no ránking galego na modalidade de florete [1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dúas fillas. Vive na Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]