Bombina variegata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bombina variegata

B. variegata (dorso)

B. variegata (ventre)
B. variegata (ventre)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Archaeobatrachia
Familia: Bombinatoridae
Xénero: Bombina
Especie: B. variegata
Nome binomial
Bombina variegata
(Linnaeus, 1758)
En verde distribución de Bombina variegata.
En verde distribución de Bombina variegata.

En verde distribución de Bombina variegata.
Subespecies

  • Bombina v. variegata
  • Bombina v. kolombatovici
  • Bombina v. scabra
  • Bombina v. gracilis

Sinonimia

  • Rana variegata Linnaeus, 1758
  • Bufo salsus Schrank in Schrank & Moll, 1785
  • Rana sonans Lacépède, 1788
  • Bombinator brevipes Blasius, 1839
  • Bombinator scaber Küster, 1843
  • Bombina maculatus Gistel, 1868
  • Bombinator pachypus var. Kolombatovici Bedriaga, 1890 "1889"
  • Bombinator pachypus var. nigriventris Dürigen, 1897
  • Bombina salsa var. csikii Fejérváry, 1922
  • Bombina variegata gracilis Bolkay, 1929

Bombina variegata é unha especie de anfibio anuro da familia Bombinatoridae que vive esencialmente en Centroeuropa e os Balcáns.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Os adultos de maior tamaño non chegan a 35 mm de lonxitude (machos) ou 55 mm (femias), polo que é unha das especies máis pequenas de Archaeobatrachia. O seu dorso é marrón verdoso, frecuentemente con manchas brillantes. O ventre, incluíndo a cara interna dos brazos e os dedos, son dun ton gris azulado a negro azulado con conspicuas manchas amarelo-alaranxadas que cobren a metade de dita superficie, moi rechamantes e características. Estes anuros teñen un corpo compacto non tan aplanado como Bombina bombina. As pupilas son acorazonadas sen tímpanos visibles, a parte superior ten numerosas verrugas.

O canto de apareamento dos machos pode sentirse na primavera tardía e inicios do verán. Como esta especie non ten sacos bucais, o canto é suave.

Posta: Os ovos póñenos desde maio ata xuño, agrupados en paquetes laxos de 2 a 30 ovos deixados na herba ou outra vexetación. Teñen unha cor marrón pola cara superior, e marrón máis brillante na cara inferior. O tamaño medio é de 1,5 a 2 mm, cunha capa mucosa de 5 a 8 mm.

Larvas: As larvas ou cágados teñen un tamaño máximo de 55 mm, co final da cola arredondado. Son de cor cincenta sucia.

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie estreitamente asociada coa auga. Orixinariamente vivía ao longo de regatos e ríos, dependendo da dispoñibilidade de auga. Baixo a influencia humana o seu hábitat segue dependendo da dispoñibilidade de pequenos corpos de auga en terra lamosa, como rodeiras deixadas por tractores, charcos, e gavias. A maioría destas zonas son ricas en vexetación e están libres de depredadores e especies competidoras. O quecemento destes pequenos corpos de auga asegura o desenvolvemento rápido de embrións e larvas. A elevada mobilidade dos xuvenís permite a dispersión desta especie a novas zonas axeitadas. En terra procuran refuxio debaixo de rochas, madeira morta e gretas. Prosperan en zonas montañosas e outeiros de Europa central e meridional como o val do alto Rhin.

Esta especie encóntrase en Europa entre os 100 e 2100 m de altitude nos seguintes países: Francia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña, Suíza, norte de Italia, Austria, Chequia, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Albania, Macedonia do Norte, Grecia, Bulgaria, Romanía e oeste de Ucraína. Está ausente de toda a Península Ibérica, Galicia incluída.

Ameazas[editar | editar a fonte]

  • Perda de lugares axeitados para a posta.

Publicación orixinal[editar | editar a fonte]

  • Linnaeus, 1758 : Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, ed. 10, vol. 1 (texto íntegro).

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sergius Kuzmin, Mathieu Denoël, Brandon Anthony, Franco Andreone, Benedikt Schmidt, Agnieszka Ogrodowczyk, Maria Ogielska, Milan Vogrin, Dan Cogalniceanu, Tibor Kovács, István Kiss, Miklós Puky, Judit Vörös, David Tarkhnishvili & Natalia Ananjeva (2004). «Bombina variegata» . Lista Vermella de especies ameazadas da UICN 2013.1 (en inglés). Consultado el 26 de outubro de 2013.
  2. Frost, D.R. « Bombina variegata ». Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. (en inglés). Nueva York, EEUU: Museo Americano de Historia Natural.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]