Bilurico patiamarelo grande
Bilurico patiamarelo grande | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Totanus melanoleucus |
O bilurico patiamarelo grande[2][3] (Tringa melanoleuca) é unha ave limícola grande de Norteamérica. O nome do xénero, Tringa, é o nome neolatino que lle deu ao bilurico alinegro Aldrovandus en 1599, baseándose na palabra grega trungas utilizada por Aristóteles para referirse a unha ave mal definida. O nome específico melanoleuca procede do grego melas, 'negro' e leukos 'branco'.[4]
O bilurico patiamarelo grande é similar en aparencia á especie de menor tamaño bilurico patiamarelo pequeno. Porén, o seu parente máis próximo é o bilurico claro, que xunto co bilurico escuro forman un grupo estreitamente unido. Todas estas tres especies mostran as cores básicas de patas e pés dos Tringa, o que demostra que este carácter é parafilético.[5] Son os biluricos deste tipo máis grandes agás o Tringa semipalmata, que ten unha constitución corporal máis robusta. O bilurico patiamarelo grande e o bilurico claro teñen ambos un debuxo do peito bastante nítido, escuro e áspero así como moita cor negra nos ombreiros en plumaxe reprodutora.
Os adultos teñen unhas patas amarelas longas e un bico escuro longo e delgado, que fai unha lixeira curva cara a arriba e é máis longo que a cabeza. O corpo é marrón cincento pola parte superior e branco na parte ventral; o pescozo e o peito están manchados de marrón escuro. A rabadilla é branca. A súa lonxitude vai dos 29 aos 40 cm e en peso de 111 a 250 g.
O seu hábitat de reprodución son os pantanos e marismas da rexión do bosque boreal do Canadá e Alasca. Fan o niño no chan, xeralmente en lugares ben agochados preto da auga. Como media poñen de tres a catro ovos duns 50 mm de longo e 33 mm de largo, que pesan uns 28 g, cuxa incubación dura 23 días. As crías abandonan o niño 24 hotas despois da eclosión e dous días despoois marchan definitivamente lonxe do niño.
Son aves migratorias que parten cara ao sur ás costas do Atlántico e Pacífico dos Estados Unidos e sur de América do Sur para invernar. Son raras aves errantes no oeste de Europa, algunhas das cales chegan accidentalmente a Galicia[3].
Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando os seus bicos para remexer na auga e comen principalmente insectos e pequenos peixes, e tamén crustáceos e vermes mariños. Adoitan camiñar pola area e o barro das ribeiras deixando pegadas ben visibles; pode oberse información sobre a especie examinando estas pegadas.
A súa chamada é máis áspera que a do bilurico patiamarelo pequeno.
Os biluricos das especies grandes eran antes cazados e comidos en resturantes como un manxar, o que levou a algunhas especies ao bordo da extinción no século XIX e principios do XX. Actualmente contan con protección legal. Os cazadores observaron que os biluricos patiamarelos eran as primeiras aves en dar a alarma cando se achegaban cazadores.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tringa melanoleuca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 247, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
- ↑ Sherr, Evelyn B. (2015). Marsh Mud and Mummichogs: An Intimate Natural History of Coastal Georgia. University of Georgia Press. p. 154. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilurico patiamarelo grande |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico patiamarelo grande |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Informe sobre a especie - Cornell Lab of Ornithology
- Greater yellowlegs - Tringa melanoleuca - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Folla de datos de BirdLife species para Tringa melanoleuca
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Bilurico patiamarelo grande na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Bilurico patiamarelo grande en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa melanoleuca en IUCN Red List maps
- Tringa-melanoleuca - Gravacións de sons de Greater yellowlegs en Xeno-canto.
- Tringa melanoleuca en Flickr: Field Guide Birds of the World