Billie Eilish
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-us) Billie Eilish Pirate Baird O'Connell 18 de decembro de 2001 (23 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Irlandoamericano e escocés-americano |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | cantautora, compositora, cantante, bailarina |
Período de actividade | 2015 - |
Xénero artístico | Electropop, indie pop e alternative pop (en) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz, guitarra, ukelele e teclado |
Selo discográfico | Darkroom (en) Interscope Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Patrick O'Connell e Maggie Baird |
Irmáns | Finneas O'Connell |
Premios | |
| |
Sitio web | billieeilish.com |
|
Billie Eilish Pirate Baird O'Connell[1], nada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2001[2], é unha cantante e compositora estadounidense.[3] O seu primeiro sinxelo, «Ocean Eyes», volveuse viral e acumulou máis de 194 millóns de transmisións en Spotify desde 2015 até febreiro de 2019. O seu primeiro EP Don't Smile at Me lanzouse en agosto de 2017 e foi certificado como Gold pola RIAA; a maiores, cinco das cancións tamén foron certificadas pola RIAA (catro Gold, un Platinum). Tras o éxito do EP, Apple Music nomeou a Eilish como o seu novo artista de Up Next un mes máis tarde, en setembro de 2017.[4]
O seu primeiro álbum de estudo When We All Fall Asleep, Where Do We Go? apareceu en marzo de 2019[5] debutou no cume do Billboard 200 e converteuse no álbum de mellor saída en 2019 nos EUA[6] Tamén conseguiu o número 1 no Reino Unido. O álbum contén 6 sinxelos do Top 40 de Billboard Hot 100: "When the Party's Over", "Bury a Friend", "Wish You Were Gay", "Xanny", "Everything I Wanted", e "Bad Guy". Este último converteuse no seu primeiro sinxelo que chegou ao número 1 nos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Eilish criouse en Highland Park, Os Ánxeles, nunha familia de actores e músicos.[2][7][8][9] Seus pais son a actriz Maggie Baird e o músico e guionista Patrick O'Connell e ten, principalmente, ascendencia irlandesa e escocesa.[10][11][12][13] Foi criada como vexetariana e, regularmente, nas redes sociais, avoga polo veganismo.[14][15]
Foi educada no seu fogar e uniuse ao Los Angeles Children's Chorus (en galego, "Coro Infantil dos Ánxeles") aos oito anos onde aprendeu canto e técnica musical.[16] Á idade de 11 anos, Eilish comezou a escribir e cantar as súas propias cancións, do mesmo xeito que o seu irmán máis vello, Finneas O'Connell quen xa estaba a escribir, tocar e producir as súas propias cancións coa súa banda.[16][17]
O 27 de novembro de 2018, despois de que xurdisen vídeos en liña dunha compilación con Eilish experimentando tics relacionados coa síndrome de Tourette, confirmou na súa conta de Instagram que as afirmacións eran certas[18] e tamén padecía sinestesia[19][20] e sufrira depresión.[21] En marzo de 2019, declarou que nunca fumara nin usara drogas.[22]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]2015–2017. Comezo da súa carreira: "Ocean Eyes"
[editar | editar a fonte]O seu primeiro éxito produciuse en outubro de 2015, cando Eilish gravou a canción "Ocean Eyes", escrita inicialmente por Finneas para a súa banda, a petición dun seu profesor de baile que lle pedira unha coreografía cunha peza musical orixinal.[18][23] A principios de 2016, Eilish debuta con esa canción como o seu primeiro sinxelo en SoundCloud que se converte en viral ao chegar a máis de dous millones de reproduccións en Spotify no seu primeiro ano (e en marzo de 2018, superaban 43 millóns de reproducións)[7] o que a leva a crear a súa canle en YouTube a onde sobeu un vídeo coa canción e a coreografía.[16] A consecuencia disto, consegue asinar un contrato con Darkroom e Interscope Records que publicaron oficialmente o tema en todo o mundo o 18 de novembro recibindo boas críticas pola crítica especializada, aínda que non tiña nin quince anos no momento do su debut.[24] "A canción é puro pop; unha balada sobre a ansia de reconciliación cun ex. Podo imaxinar que se converte nun grande éxito", dixo Chris DeVille de Stereogum.[25] En setembro de 2018 obtivo o Disco de Platino da RIAA despois de levar vendidas un millón de copias.[26]
O 14 de xaneiro de 2017, Eilish lanzou un EP con catro remixes de "Ocean Eyes", e tralo éxito deste, o 24 de febreiro lanzouse o sinxelo "Bellyache"[27] producido e co-escrito por Finneas O'Connell e un mes máis tarde, o 22 de marzo, acompañouse dun vídeo musical dirixido por Miles e AJ. O 30 de marzo, lanzou a canción "Bored" como parte da banda sonora da serie de Netflix, 13 Reasons Why.[28] e, posteriormente publicou outros sinxelos como «Watch» e «Copycat». Estes trabajos rrecompilárronse nun EP titulado «Don't Smile at Me», editado tamén por Interscope o 11 de agosto de 2017, co que tamén acadaría o Disco de Ouro da RIAA.[29]
Cada venres de xullo, Eilish engadiría outro sinxelo ao EP. Foi deste xeito que os singles "Idontwannabeyouanymore" e "My Boy" foron liberados.[30] Don't Smile at Me foi lanzado o 11 de agosto de 2017.[31] Despois do lanzamento, Eilish colaborou co rapeiro americano Vince Staples por un remix de "Watch" titulado "& Burn", que máis tarde foi incluído nun re-lanzamento do EP.
2018–presentou: When We All Fall Asleep, Where Do We Go?
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018, Eilish embarcouse no "Where's My Mind Tour", que concluíu en abril de 2018.[32] Para o Récord Store Day do 2018, Eilish anunciou un vinilo de 7 "cunha versión acústica da súa canción" Party Favor "e unha portada acústica de "Hotline Bling" de Drake. Eilish colaborou co cantante estadounidense Khalid para o sinxelo "Lovely", que foi lanzado en abril de 2018 e foi incluído na banda sonora da segunda tempada de "13 Reasons Why".[33] Tamén lanzou os sinxelos "Bitches Broken Hearts" e "You Should See Me in a Crown"[34], empregándose este último nun vídeo promocional para o combate de boxeo entre Deontay Wilder e Tyson Fury[35]. O 17 de outubro de 2018, Eilish lanzou o sinxelo "When the Party's Over"[36] e pouco tempo despois asinou un contrato cunha axencia de modelos.[37]
Xa en 2019, o 30 de xaneiro de 2019, lanzou o terceiro sinxelo do que sería o vindeiro álbum titulado "When We All Fall Asleep, Where Do We Go?", "Bury a Friend",[38] e o 4 de marzo de 2019, lanzou o seu cuarto sinxelo "Wish You Were Gay".[39] O álbum entrou inmediatamente no número 1 no Billboard 200, e tamén no UK álbum Chart, o que converteu a Eilish na primeira artista nacida na década dos 2000 en ter un álbum no número 1 nos Estados Unidos e na muller máis nova en conseguir un número 1 cun álbum no Reino Unido.[40][41] O xornal The Guardian chegou a definila como "a icona pop que define a ansiedade adolescente no séculos XXI".[42]
Estilo e influencias
[editar | editar a fonte]Varios críticos musicais como Avery Stone, de Noisey, teñen definido a súa voz de soprano como "etérea";[43] Maura Johnston en Rolling Stone cualificou os seus tema de "susurrados";[44] e Doreen St Félix, en New Yorker, afirmou que "ten unha voz grave e suave".[45]
A autora compón moitas das súas cancións xunto co seu irmán Finneas,[46] quen é ademais o seu produtor[47] e que a acompaña nos concertos. Algunhas da composicións inspíranse nas súas propias vivencias e, outras son historias ficticias: "Moitas veces pasamos polos mesmos problemas, polo que [os temas] son unha mestura entre o que meu irmán pasa e o que paso eu: a metade son ficción e a outra metade non".[46]
Sobre as letras, Eilish afirmou:
Intentamos escribir o que todos pensan, pero ninguén di. Tratamos de dicir cousas que non teñen que ser tan profundas: podería ser algo aleatorio, como "Síntome triste", pero ti dis algo máis profundo dun xeito que ten sentido, pero realmente non o pensaches. [...] Tratamos de ser realmente interesantes coas letras e realmente conversacionais.
Billie Eilish adoita escoitar hip hop e rhythm and blues. De cativa criouse escoitando cancións de The Beatles, Green Day e Avril Lavigne, e ten citado como referencia musical a Lana del Rey. Sobre a súa imaxe, Eilish é coñecida polo seu estilo de roupa, que consiste en levar prendas amplas e mal axustadas. En 2019, apareceu nun anuncio de Calvin Klein, no que dixo que se vestía así para protexerse e que a xente non o coñeza todo sobre ela e, polo tanto, non poidan xulgala.[48]
Discografía
[editar | editar a fonte]EPs
[editar | editar a fonte]- «Don't Smile at Me» (2017)
Discos
[editar | editar a fonte]- «When We All Fall Asleep, Where Do We Go?» (2019)
- «Happier Than Ever» (2021)
- «Hit Me Hard and Soft» (2024)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- «Fingers Crossed» (2015)
- «sHE's BrOKen» (2015)
- «Six Feet Under» (2016)
- «ocean eyes» (2016)
- «bellyache» (2017)
- «bored» (2017)
- «watch» (2017)
- «&Burn» (2017)
- «idontwannabeyouanymore» (2017)
- «btches broken hearts» (2017)
- «party favor» (2017)
- «COPYCAT» (2017)
- «my boy» (2017)
- «hostage» (2017)
- «lovely» ft Khalid (2018)
- «you should see me in a crown» (2018)
- «Come Out and Play» (2018)
- «When the party's over» (2018)
- «WHEN I WAS OLDER» (2019)
- Bury a Friend (2019)
- What was I made for? (2023)
Remixes
[editar | editar a fonte]- «Ocean Eyes» (Blackbear Remix/Astronomyy Remix)
- «bellyache» (Marian Hill Remix)
- «my boy» (TroyBoi Remix)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Segundo os datos da RIAA, até maio de 2019, ten conseguidos os seguintes discos de ouro e de platino:[26]
Premio | Título disco | Data | Selo discográfico | Formato |
---|---|---|---|---|
Disco de ouro | Bellyache | 3-8-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de ouro | I Don't Wanna Be You Animore | 28-9-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de ouro | Don't Smile at Me | 5-12-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de ouro | Copycat | 5-12-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de platino | Ocean Eyes | 11-9-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de platino | Lovely (Feat. Khalid) | 12-10-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Disco de ouro | My Boy | 5-12-2018 | Darkroom / Interscope Records | sinxelo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Savage, Mark (15-07-2017). "Billie Eilish: Is she pop's best new hope?". bbc.com (en inglés). Consultado o 21-03-2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Billie Eilish". itunes.apple.com. Consultado o 21-03-2019.
- ↑ "Billie Eilish on Apple Music".
- ↑ Stubblebine, Allison (09-20-2017). "Billie Eilish Is Apple's New UpNext Artist: Exclusive". billboard.com (en inglés). Consultado o 21-03-2019.
- ↑ Úbeda Rodríguez, Lara (29-3-2019). "‘WHEN WE ALL FALL ASLEEP, WHERE DO WE GO?’: TODO LO QUE DEBES SABER DEL DEBUT DE BILLIE EILISH". los40.com (en castelán). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ "YEAR-END CHARTS. TOP BILLBOARD 200 ALBUMS". billboard.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Get to Know: Billie Eilish | MTV UK". mtv.co.uk (en inglés). 29-3-2018. Arquivado dende o orixinal o 16-05-2019. Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Savage, Mark (15-7-2017). "Billie Eilish: Is she pop's best new hope?". bbc.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ "Billie Eilish - Biography". itunes.apple.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Bain, Katie (outubro 2017). "Introducing LA’s New Billboard Queen Billie Eilish". lnwy.co (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-03-2019. Consultado o 27-5-2019.
- ↑ "The Groundlings". groundlings.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2019.
- ↑ Remy-Milora, Valerie (1-10-2013). "Scrumptious Mom Maggie Baird - October 2013". scrumptiousmoms.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Power, Ed (01-02-2018). "An Interview with Billie Eilish: Pop's Ferocious New Enigma | Hotpress". hotpress.com (en inglés). Consultado o 21-03-2019.
- ↑ Coscarelli, Joe (28-3-2019). "Billie Eilish Is Not Your Typical 17-Year-Old Pop Star. Get Used to Her.". nytimes.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ Starostinetskaya, Anna (14-6-2019). "BILLIE EILISH BEGS 26 MILLION FANS TO “BE SMARTER” AND GO VEGAN". vegnews.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Rosenzweig, Mathias (09-08-2016). "Meet Billie Eilish, Pop's Next It Girl". vogue.com (en inglés). Consultado o 21-03-2019.
- ↑ "BEHIND BILLIE EILISH: SONGWRITER BROTHER FINNEAS O’CONNELL ON THE DUO’S UNIQUE RECORDING PROCESS". musicbusinessworldwide.com (en inglés). 2-4-2019. Consultado o 16-5-2019.
- ↑ 18,0 18,1 Engelman, Nicole (27-11-2018). "Billie Eilish Reveals She Has Tourette Syndrome After Compilation of Her Tics Emerges Online". billboard.com (en inglés). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ Nattress, Katrina (29-5-2019). "Billie Eilish Explains How Synesthesia Affects Her Music". iheart.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ Seaberg, Maureen (1-4-2019). "She's a Rainbow. Billie Eilish's meteoric and synesthetic rise.". psychologytoday.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ Kaufman, Gil (4-8-2019). "Billie Eilish Talks Handling Fame, Life on the Road & Depression With Zane Lowe: Watch". billboard.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ Ewens, Hannah (29-3-2019). "Billie Eilish: the pop icon who defines 21st-century teenage angst". theguardian.com (en inglés). Consultado o 28-1-2020.
- ↑ Cirisano, Tatiana (14-7-2017). "15-Year-Old Pop Prodigy Billie Eilish Announces Debut EP & First-Ever Tour". billboard.com (en inglés). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ Savage, Mark (15-7-2017). "Billie Eilish: Is she pop's best new hope?". bbc.com (en inglés). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ DeVille, Chris (23-3-2016). "Billie Eilish – “Ocean Eyes” Video (Stereogum Premiere)". stereogum.com (en inglés). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ 26,0 26,1 "Gold & Platinum". riaa.com (en inglés). Consultado o 16-5-2019.
- ↑ Barlow, Eve (24-2-2017). "Billie Eilish's "Bellyache" Is Totally Psycho and Perfectly Pop". vice.com (en inglés). Consultado o 16-5-2019.
- ↑ Wright, Janine (18-7-2017). "Billie Eilish-"Bored"". noiseprn.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-05-2019. Consultado o 16-5-2019.
- ↑ Smither, Tanis (11-8-2017). "Billie Eilish releases lush debut EP "dont smile at me"". earmilk.com (en inglés). Consultado o 16-5-2019.
- ↑ Rusell, Erica (14-7-2017). "Billie Eilish Drops 'COPYCAT,' Announces Debut EP". popcrush.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Smither, Tanis (11-8-2017). "Billie Eilish releases lush debut EP "dont smile at me". earmilk.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Shackleford, Tom (27-11-2017). "Billie Eilish announces 2018 Where's My Mind? headlining tour". axs.com (en inglés). Consultado o 15-5-2019.
- ↑ "Interscope Records Preps To Release “13 Reasons Why” Season 2 Soundtrack With Proceeds Going To Charity". clizbeats.com (en inglés). 10-5-2018. Arquivado dende o orixinal o 17-04-2020. Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Whittum, Connor (18-7-2018). "Billie Eilish Drops Dramatic Track 'You Should See Me in a Crown': Listen". billboard.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Spanos, Brittany (13-11-2018). "See Billie Eilish-Soundtracked Promo Video for Wilder-Fury Boxing Match". rollingstone.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Engelman, Nicole (17-10-2018). "Billie Eilish Releases Haunting New Song 'When The Party's Over': Listen". billboard.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Patel, Shyam (24-10-2018). "Billie Eilish Just Got Signed to a Major Modeling Agency". papermag.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Rowden, Claire (29-1-2019). "billie eilish just released a teaser for new music and we’re so ready for it". mtv.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-03-2019. Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Daw, Stephen (4-3-2019). "Billie Eilish Is Tired Of Heartache On New Single 'Wish You Were Gay': Listen". billboard.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Trammell, Kendall (10-4-2019). "his 17-year-old is the first artist born in the 2000s to have a No. 1 album". edition.cnn.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Ainsley, Helen (12-4-2019). "Billie Eilish holds on to Number 1 on the Official Albums Chart as Khalid scores highest new entry". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Ewens, Hannah Rose (29-3-2019). "Billie Eilish: the pop icon who defines 21st-century teenage angst". theguardian.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Stone, Avery (18-9-2017). "Watch Billie Eilish Set Fire to a Bad Relationship in New Video for "watch"". vice.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Johnston, Maura (28-7-2017). "10 New Albums to Stream Now: Rolling Stone Editors’ Picks". rollingstone.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ St. Félix, Doreen (26-4-2019). "Billie Eilish and the Changing Face of Pop". newyorker.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ 46,0 46,1 Kaplan, Ilana (16-3-2017). "Pop Newcomer Billie Eilish Wants to Make Sure You Never Forget Her". papermag.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ Piccirillo, Angie (8-9-2017). "PREMIERE + Q&A: FINNEAS Debuts “I’m In Love Without You” & Polaroid Gallery by Billie Eilish". onestowatch.com (en inglés). Consultado o 27-5-2019.
- ↑ DE ELIZABETH (11-5-2019). "Billie Eilish Reveals the Reason for Her Baggy Clothes in New Calvin Klein Ad". teenvogue.com (en inglés). Consultado o 28-5-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Billie Eilish |