Síndrome de Tourette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Síndrome de Tourette
Clasificación e recursos externos
ICD-10F95.2
ICD-9307.23
OMIM137580
DiseasesDB5220
MedlinePlus000733
eMedicinemed/3107 neuro/664
MeSHD005879
GeneReviewsTourette Disorder
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de Tourette é unha desorde neuropsiquiátrica herdable que comeza na infancia, caracterizada por múltiples tics físicos e polo menos un tic vocal. Estes tics adoitan variar na súa frecuencia, poden desaparecer temporalmente, e veñen precedidos dunha ansia premonitoria. Esta síndrome defínese dentro dun espectro de trastornos que inclúen tics temporais e persistentes. O epónimo deullo Jean-Martin Charcot no século XIX por mor de Georges Gilles de la Tourette, un médico e neurólogo francés que publicou un informe sobre nove pacientes diagnosticados con esta síndrome no ano 1885.

A síndrome de Tourette considerábase unha síndrome rara e bizarra, asociada á exclamación de palabras obscenas ou afirmacións socialmente inapropiadas (coprolalia), malia que este síntoma só se atopa presente nunha pequena minoría de persoas coa síndrome.[1][2] Non se considera xa unha condición rara, mais non sempre se identifica correctamente xa que a maioría dos casos son leves e a severidade dos tics diminúe na maioría dos nenos no seu paso á adolescencia. Estímase que entre o 0,4% e o 3,8% dos nenos e adolescentes de entre 5 e 18 anos poden ter a síndrome de Tourette,[3] e a prevalencia das desordes con tics nos nenos en idade escolar é maior, sendo os máis común os tics que implican o pestanexo, tose, clarexo da gorxa e outros movementos faciais. Os casos extremos da síndrome nos adultos son pouco habituais, e non afecta negativamente á intelixencia ou á esperanza de vida.

A xenética así como factores ambientais teñen un papel na etioloxía da síndrome de Tourette, mais as súas causas exactas son descoñecidas. Na maioría dos casos a medicación non é necesaria. Non existe un tratamento efectivo para tódolos casos de tics, pero algúns medicamentos e terapias poden axudar a reducilos en certos casos. A educación resulta de importancia nos plans de tratamento desta desorde, e a explicación e consello médico adoitan ser suficientes como tratamento.[1][4][5] As condicións comórbidas como os trastornos por déficit de atención con hiperactividade e os trastornos obsesivo-compulsivos están presentes en moitos dos pacientes diagnosticados. Estas outras condicións habitualmente causan máis problemas ó individuo que os tics característicos desta síndrome, polo que resulta importante identificar correctamente as condicións comórbidas para o seu correcto tratamento.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. 1,0 1,1 Singer, HS (2011). "Tourette syndrome and other tic disorders". Handb Clin Neurol 100: 641–57. PMID 21496613. doi:10.1016/B978-0-444-52014-2.00046-X. 
  2. Singer, HS (2005). "Tourette's syndrome: from behaviour to biology". Lancet Neurol 4 (3): 149–59. PMID 15721825. doi:10.1016/S1474-4422(05)01012-4. 
  3. Robertson, MM. (2011). "Gilles de la Tourette syndrome: the complexities of phenotype and treatment"". Br J Hosp Med (Londres) 72 (2): 100–7. PMID 21378617. 
  4. Peterson, BS; Cohen, DJ (1998). "The treatment of Tourette's Syndrome: multimodal, developmental intervention". J Clin Psychiatry 59 (Suppl 1): 62–72; discussion 73–74. PMID 9448671. 
  5. Zinner, SH. (2000). "Tourette disorder". Pediatr Rev 21 (11): 372–83. PMID 11077021. 
  6. Du, JC; Chiu, TF; Lee, KM; et al. (2010). "Tourette syndrome in children: an updated review". Pediatr Neonatol 51 (5): 255–64. PMID 20951354. doi:10.1016/S1875-9572(10)60050-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]