13 Reasons Why
| 13 Reasons Why | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
|
Composto por
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Creador/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Actores
Katherine Langford (Hannah Baker (en)
Dylan Minette (Clay Jensen (personagem fictício) (pt) Justin Prentice (pt) Alisha Boe Devin Druid (pt) Amy Hargreaves Christian Navarro (pt) Ross Butler (pt) Derek Luke Miles Heizer Brandon Flynn (pt) Kate Walsh | |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
|
Representa a
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
13 Reasons Why (estilizado coma TH1RTEEN R3ASONS WHY) é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada na novela de 2007 Thirteen Reasons Why de Jay Asher e adaptada por Brian Yorkey para Netflix.[1] A serie trata o tema do acoso escolar, centrándose nun estudante de instituto, Clay Jensen, e a súa amiga Hannah Baker, unha rapaza que se suicidou tras vivir unha serie de situacións xunto a varios individuos da súa escola. En cada capítulo Clay escoita unhas cintas de casete gravadas por Hannah antes de suicidarse nas que detalla trece motivos polos que decidiu poñer fin á súa vida.
Diana Son e Brian Yorkey foron os coprodutores da serie, e a primeira tempada é de trece episodios.[2][3] A serie estivo producida por July Moon Productions, Kicked to the Curb Productions, Anonymous Content e Paramount Television. Concibida orixinalmente coma un filme para que fose publicado por Universal Pictures con Selena Gomez no papel protagonista, Netflix optou pola adaptación como serie de televisión a finais de 2015, e Gomez fixo finalmente de produtora executiva. A serie xunto co especial 13 Reasons Why: Beyond the Reasons publicáronse en todo o mundo en Netflix o 31 de marzo de 2017.
A serie recibiu críticas positivas e unha boa acollida de audiencia, louvando a súa temática e o seu elenco de actores, particularmente os dous protagonistas Dylan Minnette e Katherine Langford.[4] Algunhas representacións gráficas na serie foron obxectivo de controversia, particularmente os temas do suicidio e violación, ademais doutros contidos. En maio de 2017 anunciouse que a serie renovara por unha segunda temporada, programada para a súa estrea en 2018.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Dylan Minnette como Clay Jensen[3]
- Katherine Langford como Hannah Baker[3]
- Christian Navarro como Tony Padilla[3]
- Alisha Boe como Jessica Davis[3]
- Brandon Flynn como Justin Foley[3]
- Justin Prentice como Bryce Walker[3]
- Miles Heizer como Alex Standall[6]
- Ross Butler como Zach Dempsey[3]
- Devin Druid como Tyler Down[3]
- Amy Hargreaves como Lainie Jensen[7]
- Derek Luke como Kevin Porter[6]
- Kate Walsh como Olivia Baker[6]
Recorrentes
[editar | editar a fonte]- Brian d'Arcy James como Andrew "Andy" Baker
- Josh Hamilton como Matt Jensen
- Michele Selene Ang como Courtney Crimsen
- Steven Silver como Marcus Cole
- Ajiona Alexus como Sheri Holland
- Tommy Dorfman como Ryan Shaver
- Sosie Bacon como Skye Miller
- Brandon Larracuente como Jeff Atkins
- Timothy Granaderos como Montgomery de la Cruz
- Steven Weber como Director Gary Bolan
- Keiko Agena como Pam Bradley
- Mark Pellegrino como Sheriff Standall
- Joseph C. Phillips como Mr. Davis
- Cindy Cheung como Karen Dempsey
- Henry Zaga como Brad
- Robert Gant como Todd Crimsen
- Wilson Cruz como Dennis Vasquez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Spotlight's Brian d'Arcy James Cast In Netflix Series '13 Reasons Why', Joins TNT Pilot 'Civil'". Deadline. 15 de xuño de 2016.
- ↑ Andreeva, Nellie (26 de febreiro de 2016). "Diana Son Joins Selena Gomez's Netflix Series '13 Reasons Why' As Showrunner". Deadline. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Andreeva, Nellie (8 de xuño de 2016). "'13 Reasons Why' Netflix Series: Dylan Minnette & Katherine Langford Lead Cast". Deadline. Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "13 Reasons Why: Season 1 (2017)". Rotten Tomatoes. Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ "’13 Reasons Why’ Renewed for a Second Season at Netflix". Variety. 7 de maio de 2017. Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Andreeva, Nellie (10 de xuño de 2016). Deadline, ed. "'13 Reasons Why': Kate Walsh To Co-Star In Netflix Series, Derek Luke Also Cast". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ Petski, Denise (23 de xuño de 2016). Deadline, ed. "'13 Reasons Why' Casts Amy Hargreaves; Frances Conroy In 'The Mist'". Consultado o 16 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 13 Reasons Why |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 13 Reasons Why na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |