Bill Hicks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bill Hicks
Bill Hicks at the Laff Stop in Austin, Texas, 1991 (2) cropped.jpg
Hicks en 1991
Nome completoWilliam Melvin Hicks
Nacemento16 de decembro de 1961
 Valdosta, Xeorxia Flag of the United States.svg
Falecemento26 de febreiro de 1994 (32 anos)
 Little Rock, Arcansas Flag of the United States.svg
Sinaturabillhicks.com
editar datos en Wikidata ]

William Melvin Hicks (16 de decembro de 1961 - 26 de febreiro de 1994) foi un cómico, monologuista, crítico social e músico estadounidense. O seu material, que abarca unha ampla gama de temas sociais como a relixión, a política e a filosofía, foi controvertido e a miúdo cargado de comedia escura.

Aos 16 anos, mentres aínda estaba no instituto, Hicks comezou a actuar no Comedy Workshop en Houston, Texas. Durante os anos 80 xirou extensamente polos Estados Unidos e realizou varias aparicións de alto perfil na televisión, aínda que foi no Reino Unido onde amasou unha significativa base de seguidores, enchendo grandes locais durante a súa xira de 1991.[1] Hicks tamén acadou algún recoñecemento como guitarrista e compositor.

Hicks morreu de cáncro de páncreas aos 32 anos de idade. Nos anos posteriores á súa morte o seu traballo gañou unha significativa aclamación en círculos creativos (particularmente tras unha serie de edicións de álbums póstumos) e desenvolveu un considerable seguimento de culto. En 2007 foi posto no número 6 da lista dos "100 mellores monologuistas" da canle británica Channel 4,[2] e chegou ao número 4 na actualización da lista en 2010.[3] En 2017 a revista Rolling Stone púxoo no número 13 na súa lista dos "50 mellores monologuistas de todos os tempos".[4]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Hicks naceu en Valdosta, Xeorxia, sendo fillo de James Melvin "Jim" Hicks (1923-2006) e Mary Reese Hicks. Tiña unha irmá máis vella, Lynn, e tamén un irmán maior, Steve. A familia viviu en Alabama, Florida e Nova Jersey antes de establecerse en Houston, Texas, cando Hicks tiña sete anos.[5] Sentíuse atraído pola comedia sendo moi novo, emulando a Woody Allen e a Richard Pryor, e escribiría sketchs co seu amigo Dwight Slade. No colexio comezou a realizar actuacións cómicas (principalmente derivacións de material de Woody Allen) para os seus compañeiros de clase.[6] Na casa escribía as súas propias frases e deslizábaas por debaixo da porta da habitación do seu irmán Steve, o único membro da familia que respectaba debido á súa análise crítica. Steve díxolle, "Continua, Eres moi bo nisto".[7]

Moi cedo, Hicks comezou a burlarse das crenzas relixiosas da súa familia, membros da Convención Baptista do Sur. Bromeaba no Houston Post en 1987, "Éramos baptistas de Yuppie. Preocupábannos cousas como, 'Se raias o Subaru do teu veciño, debes deixar unha nota?'" A biógrafa Cynthia True describiu unha típica discusión co seu pai:

O ancián Hicks diría, "Creo que a Biblia é a palabra literal de Deus". E Bill contestaría, "Non o é, papá". "Ben, creo que si". "Ben," respostaría Bill, "sabes, acre que é Napoleón. Está ben. As crenzas son estupendas. Valóraas, pero non as compartas como se fosen a verdade".[8]

Porén, Hicks non rexectou a propia ideoloxía espiritual, e durante toda a súa vida buscou varios métodos alternativos de experimentala. Kevin Slade, irmán maior de Dwight, introducíuno na Meditación Trascendental e noutras formas de espiritualidade. Durante unha fin de semana de Acción de Grazas, Kevin levou a Hicks e a Dwight a un curso de Meditación Trascendental en Galveston, Texas.[9] Preocupados sobre o seu comportamento rebelde, os seus pais levárono a un psicanalista cos 17 anos. Segundo Hicks, o analista levouno a un lado tras a primeira sesión de grupo e díxolle, "Podes continuar vindo se queres, pero son eles, non ti".[5]

Carreira[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Hicks estivo asociado ao grupo de cómicos Texas Outlaw Comics desenvolvido no Comedy Workshop en Houston na década dos 80.[10][11]

California e Nova York[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1986 Hicks usaba drogas recreativas e os seus recursos financieiros disminuíran.[12] Porén, a súa carreira conseguiu outro ascenso en 1987, cando apareceu no Young Comedians Special de Rodney Dangerfield.[13] Ese mesmo ano mudouse á cidade de Nova York, e durante os cinco anos seguintes actuou unhas 300 veces por ano. No álbum Relentless bromea de que deixou de usar drogas porque "unha vez que te levan a bordo de un OVNI é bastante difícil superar iso", aínda que nas súas actuacións continuou eloxiando con entusiasmo as virtudes do LSD, a marihuana e os cogomelos alucinóxenos.[14]

Finalmente caeu no tabaquismo,[15] un tema que figuraría nas súas actuacións a partir de entón. A súa adición á nicotina, o amor a fumar, e os intentos ocasionais de deixalo convertéronse nun tema recurrente nos seus últimos anos.

En 1988 Hicks asinou co seu primeiro representante de negocios profesional, Jack Mondrus.[16]

No tema "Modern Bummer" do seu álbum de 1990 Dangerous, Hicks di que deixou de beber alcohol en 1988.

No ano 1989 Hicks publicou o seu primeiro video, Sane Man; unha versión remasterizada con 30 minutos extra foi editada en 1999.[17]

Hicks en 1991

Fama[editar | editar a fonte]

En 1990 Hicks lanzou o seu primeiro álbum, Dangerous, con actuación do especial One Night Stand de HBO, e do festival Just for Laughs de Montreal.[12] Tamén formou parte dun grupo de monologuistas estadounidenses que actuaron no mes de novembro no West End de Londres. Hicks tivo un gran éxito no Reino Unido e Irlanda, e continuou xirando por estes países durante 1991.[18] Ese ano regresou a Just for Laughs e filmou o seu segundo video, Relentless.

Hicks realizou un breve desvío cara a gravación musical co álbum Marble Head Johnson en 1992, colaborando co seu amigo do instituto en Houston Kevin Booth e co batería de Austin, Texas, Pat Brown. Durante ese mesmo ano xirou polo Reino Unido, onde gravou o video Revelations para Channel 4.[19] Pechou o espectáculo coa súa filosofía de vida que ao pouco tempo se faría famosa, "É só un paseo". Nesa xira tamén gravou o seu espectáculo editado nun dobre CD titulado Salvation. Hicks foi votado "Hot Standup Comic" pola revista Rolling Stone en 1993. Bill mudouse á cidade dos Ánxeles no ano 1992.

Hicks e Tool[editar | editar a fonte]

A banda de metal progresivo Tool invitou a Hicks a abrir varios dos seus concertos nas súas aparicións no festival Lollapalooza de 1993, onde Hicks unha vez pediu á audiencia que buscasen unhas lentes de contacto que perdera. Milleiros de persoas obedeceron.[20]

Os membros de Tool sentían que eles e Hicks "estaban resoando conceptos similares".[21] Pretendendo sensibilizar sobre o material e as ideas de Hicks, Tool dedicou o seu álbum Ænima (1996) a Hicks.[22] Tanto a envoltura lenticular da embalaxe de Ænima como o estribillo da canción "Ænema" fan referencia a un sketch do álbum de Hicks Arizona Bay, na cal se contempla a idea dos Ánxeles caendo no océano Pacífico. A derradeira canción de Ænima, "Third Eye", contén dos álbums de Hicks Dangerous e Relentless.[21][23]

Unha versión alternativa da arte de Ænima amosa un debuxo de Bill Hicks, chamándoo "Another Dead Hero" (outro heroe morto), e hai mencións a Hicks tanto no libreto como no disco.

Censura e repercusión[editar | editar a fonte]

En 1984 Hicks foi invitado a aparecer no programa Late Night with David Letterman por vez primeira. Tiña unha broma que usaba con frecuencia en clubs de comedia sobre como causou un grave accidente que deixou a un compañeiro de clase nunha cadeira de rodas. A NBC tiña unha política pola que non se podía emitir bromas sobre discapacitados no programa, facendo moi difícil realizar o seu monólogo sen mencionar palabras como "cadeira de rodas".

O 1 de outubro de 1993 Hicks tiña programada unha aparición no Late Show with David Letterman na CBS, a onde Letterman se mudara pouco antes. Era a súa décimo segunda aparición nun talk show nocturno de Letterman, pero toda a súa actuación foi eliminada da emisión: ata ese momento a única ocasión na que se cortou toda o monólogo dun cómico despois de gravar.[24] Segundo Hicks a súa actuaión foi eliminada porque os produtores de Letterman crían que o material, que incluía bromas sobre a relixión e o movemento antiabortista, non era axeitado para emitir.[24] O produtor Robert Morton culpou inicialmente á CBS, que negou a súa responsabilidade; posteriormente Morton admitiu que fora a súa decisión.[24] Aínda que despois Letterman expresou o seu pesar sobre como se actuara con Hicks, este non regresaría novamente ao programa. Hicks estaba someténdose a quimioterapia no momento da súa derradeiroa aparición no Late Show, algo que descoñecía Letterman e a meirande parte da xente fóra da súa familia, e morreu menos de catro meses despois.[25]

Letterman finalmente emitiu na súa totalidade o monólogo censurado o 30 de xaneiro de 2009. A nai de Hicks, Mary, estivo presente no estudio e apareceu no programa como invitada. Letterman responsabilizouse da decisión orixinal de quitar a actuación de Hicks do programa de 1993. "Di máis sobre min que sobre Bill", dixo despois de emitir a actuación, "porque non hai absolutamente nada malo con iso".[26][27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bill Hicks (Personal Life, Career): Childhood, Stand-up, Cancer". web.archive.org. 2011-04-20. Consultado o 2019-11-05. 
  2. "The 100 Greatest Stand-Ups (2007)". British comedy guide. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  3. "The 100 Greatest Stand-Ups (2010)". Bristish comedy guide. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  4. Love, Matthew; Love, Matthew (2017-02-14). "50 Best Stand-Up Comics of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-05. 
  5. 5,0 5,1 Bill Hicks: Love All the People (Robinson Publishing, 2005), ISBN 978-1-84529-111-2
  6. "Bill Hicks (Personal Life, Career)". www.bestcomedyonline.net. Consultado o 2019-11-06. 
  7. True, C. American Scream: The Bill Hicks Story. Londres, Sidgwick & Jackson, 2002. ISBN 0380803771. p. 12.
  8. True (2002), p. 44.
  9. True, Cynthia (2002). American Scream: The Bill Hicks Story. Harper Paperbacks. p. 25. ISBN 0380803771.
  10. 'Texas outlaw' fires from the lip. Washington Times
  11. Matt Harlock e Paul Thomas, directores (2009). American: The Bill Hicks Story
  12. 12,0 12,1 "Bio". Bill Hicks: Satirist, Social Critic, Stand-up Comedian (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  13. Arp, Robert (2014). The Devil and Philosophy: The Nature of His Game (Popular Culture and Philosophy #83). Open Court Pub Co. ISBN 978-0812698541.
  14. See Sane Man and Rant in E Minor
  15. "Bill Hicks | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  16. at 11:00, Phil Strongman 19 Jul 2015. "Bill Hicks: 25 years on from the cult comedian's big break". www.theregister.co.uk (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  17. Lieck, Ken; Fri.; June 2; 2000. "Bill Hicks ... Sane Man". www.austinchronicle.com (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  18. "Bill Hicks, Famous Male Comedians, American Comedians". web.archive.org. 2013-07-03. Consultado o 2019-11-06. 
  19. "Home". Bill Hicks: Satirist, Social Critic, Stand-up Comedian (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  20. "Fade to Black - Interviews - Bill Hicks". web.archive.org. 2005-08-29. Consultado o 2019-11-06. 
  21. 21,0 21,1 "Another Dead Hero". The Austin Chronicle. Consultado o 2019-11-06. 
  22. "Concert Review: Tool's prog pleases populace". Pittsburgh Post-Gazette (en inglés). Consultado o 2019-11-06. 
  23. "Dead 10 years, Hicks still makes us laugh". UCD Advocate. 2007-10-07. Consultado o 2019-11-06. 
  24. 24,0 24,1 24,2 Lahr, John (1993-10-25). "Bill Hicks Rising" (en inglés). ISSN 0028-792X. Consultado o 2019-11-07. 
  25. True, 2002, pp. 193-214
  26. "David Letterman airs the 'lost' Bill Hicks routine". EW.com (en inglés). Consultado o 2019-11-07. 
  27. Crosbie, Lynn (3 de febreiro de 2009). "The Globe Review Column; Pop Rocks; A Pop-Culture Epiphany; David Letterman's Apology to Mary Hicks". The Globe and Mail. p. R1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]