Cogomelo alucinóxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cogomelos alucinóxenos son fungos que conteñen substancias psicodélicas, como o psilocybin, psilocin ou muscimol.

Categorización[editar | editar a fonte]

O cogomelo alucinóxeno Psilocybe semilanceata

Os cogomelos alucinóxenos ou psicodélicos poden dividirse en dous grupos: o grupo dos Psilocybin que contén fungos que se atopan principalmente no xénero Psilocybe, e o dos Muscimol que contén cogomelos do xénero Amanita.

Os fungos psilocibios conteñen psilocybin e/ou psilocin e triptaminas psicodélicas, que son estruturalmente similares á serotonina. Son fortes reguladores do humor, do estado da mente e da consciencia. Algunhas especies de Psilocybe conteñen ademais o alcaloide baeocystin, que é un derivado do psilocybin. Outros xéneros que conteñen psilocybin son Conocybe, Copelandia, Gymnopilus, Inocybe e Panaeolus.

Efectos[editar | editar a fonte]

O Psilocybe cubensis proporciona unha viaxe salvaxe que pode sacar a relucir problemas internos e o seu efecto pode prolongarse ata 6 horas. Os efectos destes cogomelos alucinóxenos percibense en ondadas; a viaxe ten períodos duros e tranquilos. Stropharia cubensis é o cogomelo alucinóxeno máis coñecido e preferido. Os cogomelos alucinóxenos Cubensis son unha substancia psicodélica (alucinóxena) moi potente. Estes cogomelos conteñen psilocina e psilocibina. En tódolos casos os cogomelos psicotrópicos son perigosos, xa que unhas decenas de minutos despois de consumilos provocarán un desfase entre o cerebro e os estímulos que lle chegan ao corpo, perdendo totalmente a percepción do tempo ademais da conciencia.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende épocas moi remotas existiu un verdadeiro culto aos fungos alucinóxenos. Proba diso son os achados arqueolóxicos onde aparecen figuras representando fungos e ás que nalgunhas ocasións identificábanse como deuses. Os maias eran verdadeiros pioneiros no seu uso e os chamáns utilizábanos para alcanzar transos visionarios. Tamén se relacionan con mitos e lendas de meigas, elfos, trasnos e gnomos. O emprego deste tipo de fungos rexurdiu en 1957 coa publicación dun artigo titulado En busca do fungo máxico por R. Gordon Wasson na revista Life, e co cultivo no laboratorio de Psilocybe mexicana por parte do micólogo francés Roger Hiem.

Situación[editar | editar a fonte]

Os fungos psicotrópicos poden atoparse nalgunhas zonas do norte de España. Cómense crús ou pódense cociñar.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

O cogomelo alucinóxeno Psilocybe cyanescens

En castelán[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]