David Letterman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1947 Indianapolis |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Universidade Estatal Ball Broad Ripple High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | presentador de televisión, actor, xornalista, escritor, humorista, weather presenter (en) |
| Período de actividade | 1974 |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | Earl Hofert |
| Patrimonio estimado | 400 M$ (2015) |
| Familia | |
| Parella | Merrill Markoe (1978–1988) |
| Premios | |
| |
David Letterman, nado o 12 de abril de 1947 en Indianapolis, é un humorista, presentador e produtor de televisión [1] estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Ball State University onde se diplomou no departamento de radio e televisión en 1969 e foi na radio desa universidade onde comezou a súa carreira como comunicador. Presentador do talk show nocturno, Late Show with David Letterman na CBS onde recibe a personalidades famosas do mundo do cinema, a música e os deportes. Letterman é unha figura da televisión nocturna norteamericana desde 1982 cando comezou a presentar Late Night with David Letterman na NBC cun humor irónico e un tanto absurdo, tan só o seu mentor e amigo Johnny Carson ten unha carreira máis longa como presentador desa clase de programas. Letterman é tamén produtor de televisión, a súa empresa Worldwide Pants produce o seu programa así como o programa que lle segue The Late Late Show with Craig Ferguson. Worldwide Pants ademais tamén produce varias comedias que se emiten no horario de máxima audiencia, a de máis éxito foi Everybody Loves Raymond, que desde que rematou en 2005 segue a se emitir nos Estados Unidos en sindicación.
Letterman é propietario do equipo do equipo de automobilismo Rahal Letterman Racing.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Letterman Biography". The New York Times. Consultado o 2009-02-03.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Letterman |