Saltar ao contido

Bill Cosby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBill Cosby

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Henry Cosby Jr. Editar o valor en Wikidata
12 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaShelburne (pt) Traducir
Cheltenham (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst (pt) Traducir
Universidade Temple (pt) Traducir
Germantown High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo cinza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de televisión, produtor, actor de dobraxe, guionista, produtor de televisión, produtor de cinema, director de cinema, actor de cinema, compositor, humorista, cantante, escritor, actor de dobraxe, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Patrimonio estimado400 M$ (2014) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Capitol Records Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoRunning back (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Temple Owls
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxeCamille Cosby (1964–) Editar o valor en Wikidata
FillosEvin Cosby, Erika Ranee, Erinn Cosby, Ennis Cosby, Ensa Cosby Editar o valor en Wikidata
Condenado poraggravated indecent assault (en) Traducir (2018) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Bill Cosby sexual assault cases (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbillcosby.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001070 Allocine: 25746 Rottentomatoes: celebrity/bill_cosby Allmovie: p85992 TCM: 39609 Metacritic: person/bill-cosby TV.com: people/bill-cosby IBDB: 36396
Twitter: BillCosby BNE: XX1033163 Musicbrainz: 0646d80c-7ee1-46e9-a169-2979dee41bc6 Songkick: 320621 Discogs: 202258 Allmusic: mn0000070534 WikiTree: Cosby-201 Editar o valor en Wikidata

William Henry Cosby Jr., nado en Filadelfia o 12 de xullo de 1937, é un cómico, actor e escritor estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cosby comezou a súa carreira como cómico de stand-up no famoso club nocturno hungry i de San Francisco durante os anos sesenta. Ao longo da década publicou varios discos de comedia que lle valeron o premio Grammy ao mellor álbum de comedia de xeito consecutivo de 1965 a 1970. Tamén tivo un papel protagonista no programa de televisión I Spy (1965-1968) xunto a Robert Culp. Cosby fixo historia cando gañou o premio Emmy ao mellor actor protagonista nunha serie dramática en 1966, o que o converteu no primeiro afroamericano en gañar un Emmy como intérprete.[1] A súa carreira como actor continuou protagonizando a comedia de situación The Bill Cosby Show, que durou dúas tempadas entre 1969 e 1971.

En 1972, usando a personaxe de Fat Albert que desenvolveu durante as súas rutinas de stand-up, Cosby creou, produciu e presentou a serie de televisión animada Fat Albert and the Cosby Kids que se emitiu ata 1985, centrada nun grupo de mozos amigos que medraban nunha zona urbana. Ao longo da década de 1970, Cosby protagonizou varios filmes, incluíndo Uptown Saturday Night (1974) de Sidney Poitier e Let's Do It Again (1975) e California Suite de Neil Simon (1978) xunto a Richard Pryor. Tamén formou parte do elenco orixinal de The Electric Company xunto a Rita Moreno e Morgan Freeman de 1971 a 1973. En 1976 obtivo un doutoramento en educación pola Universidade de Massachusetts Amherst, regresando á facultade posteriormente para completar un mestreado en artes alí en 1972. Na súa disertación falou do uso de Fat Albert and the Cosby Kids como ferramenta de ensino nas escolas de primaria.

A partir dos anos oitenta, Cosby produciu e protagonizou a serie de televisión The Cosby Show, que se emitiu entre 1984 e 1992 e foi considerada como a serie número un nos Estados Unidos dende 1985 a 1989. A comedia de situación destacou as experiencias e o crecemento dunha familia afroamericana de clase acomodada. Durante este tempo, Cosby conseguiu a reputación de "America's Dad" pola súa interpretación de Cliff Huxtable. Cosby produciu o spin-off A Different World, que se emitiu entre 1987 e 1993. Tamén protagonizou The Cosby Mysteries (1994-1995), a sitcom Cosby (1996-2000) e presentou Kids Say the Darndest Things (1998-2000). Despois creou e produciu o programa infantil animado Little Bill (2000-2004).

En 2014, Cosby converteuse en obxecto de numerosas denuncias por agresións sexuais que foron moi publicitadas durante o movemento Me Too. En 2018, Cosby foi condenado por agresión indecente agravada contra Andrea Constand. Estivo preso ata que a sentenza condenatoria foi anulada en 2021 polo Tribunal Superior de Pensilvania por violacións dos dereitos de trámite de Cosby segundo a 5.ª e 14.ª emenda.[2][3][4]

  1. "Emmys history: Few black nominees, even fewer black winners". The Los Angeles Times. 16 de xullo de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  2. Bowley, Graham (30 de xuño de 2021). "Bill Cosby to Be Freed as Court Overturns His Sex Assault Conviction". The New York Times. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  3. Sherman, Jolie (2021-07-01). "Vermont legal experts weigh in after Cosby freed from prison". NEWS10 ABC (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 2021-07-11. 
  4. Dale, Maryclaire (2021-06-30). "Bill Cosby released from prison after court finds due process violation". PBS NewsHour (en inglés). Consultado o 2021-07-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • DeBose, Brian (9 de setembro de 2004). "Cosby urges leaders to aid black families". The Washington Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 4 de novembro de 2007. 
  • Leiby, Richard. "Publications with a Cannes-Do Attitude". The Washington Post. 19 de maio de 2004: 3.
  • Morano, Marc. "Bill Cosby was hounded by President Nixon". World Entertainment News Network. 1 de maio de 2000. 2 de marzo de 2006.
  • "Segregated Expectations". USA Today. 15 de maio de 2003: 12.
  • Wu, Frank H. "Brown at 50: Keeping Promises". Black Issues in Higher Education. 20 de maio de 2004: 49
  • "Biography – William Henry 'Bill' Cosby Jr.". Biographies in Naval History. Naval Historical Center, Department of the Navy. 22 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2007. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]