Berta Lutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBerta Lutz
Nome orixinal(pt) Bertha Lutz Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoBertha Maria Julia Lutz
2 de agosto de 1894
São Paulo
Morte16 de setembro de 1976 (81 anos)
Río de Xaneiro
Deputada federal pelo Rio de Janeiro (pt) Traducir
28 de xullo de 1936 – 10 de novembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHerpetoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoóloga , política , escritora , herpetóloga , activista polos dereitos das mulleres , botánica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLutz Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLutz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAdolfo Lutz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lutz-4291

Bertha María Julia Lutz, nada en São Paulo o 2 de agosto de 1894 e finada en Río de Xaneiro o 16 de setembro de 1976, foi unha naturalista, zoóloga, profesora e pioneira do feminismo no Brasil.[1] En 1945 xogou un papel fundamental para que a Carta das Nacións Unidas mencionase ás mulleres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico e epidemiólogo suízo Adolfo Lutz (1855-1940) e da enfermeira inglesa Fowler Lutz.[2]

Estudou ciencias naturais e foi zoóloga en París, na Sorbona, con especialización en anfibios anuros; estudando especies de ras da familia Hylidae.[3] A ra rápida de Lutz (Paratelmatobius lutzii Lutz & Carvalho, 1958) foi codescrita por ela.[4] Zoóloga de profesión, en 1919, foi contratada polo Museu Nacional do Rio de Janeiro, alcanzou enorme repercusión no país, debido a que o acceso aos cargos públicos estaba prohibido ás mulleres nese momento.[5] Máis tarde, converteuse en naturalista da Sección Botánica, da mesma institución. Ao longo da súa vida, Lutz publicaría numerosos estudos e publicacións científicas entre os que destacan:“Observations on the life history of the Brazilian Frog” (1943), “A notable frog chorus in Brazil” (1946), “New frogs from Itatiaia mountain” (1952).[6]

Despois de tomar contacto cos movementos feministas de Europa, e de EE. UU., Berta creou as bases do feminismo brasileiro. En 1922 fundou a Federación Brasileira para o Progreso Feminino (FBPF) despois de representar ao Brasil na Asemblea xeral da "Liga das Mulleres Sufraxistas", realizada nos Estados Unidos, onde foi elixida vicepresidenta da Sociedade Panamericana.

Foi electa suplente como deputada federal en 1934,[7] despois de non gañar en dúas eleccións. En 1936 asumiu o mandato. As súas principais bandeiras de loita foron os cambios na lexislación laboral con respecto ao traballo feminino e infantil, e mesmo a igualdade de remuneración entre xéneros. En 1937, co golpe do Estado Novo, Getúlio Vargas clausurou ambas as Cámaras, facéndolle perder o seu mandato.

En 1945 foi unha das poucas mulleres que puideron participar na Conferencia da ONU de San Francisco na que se asinou a Carta das Nacións Unidas. Como embaixadora do Brasil en devandita conferencia Lutz xogou un papel fundamental en que a carta mencionase explicitamente ás mulleres.[8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Dúas especies de lagartos brasileiros levan o seu nome: Liolaemus lutzae e Phyllopezus lutzae.[9] Tamén tres especies de ras: Dendropsophus berthalutzae, Megaelosia lutzae e Scinax berthae.[10]
  • En 2001, o Congreso Brasileiro creou o Premio Bertha Lutz, para premiar a mulleres que traballaran na defensa dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Bertha Lutz (1894-1979): una zoóloga que lideró el movimiento feminista en Brasil". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-12-20. Consultado o 2020-08-02. 
  2. Guilherme Gantois de Miranda: Berta Lutz: cientista e feminista em luta pela emancipação da mulher. ([Ligazón morta])
  3. bertha Lutz. 1973. Brazilian species of Hyla. University of Texas Press. Austin.
  4. Beolens, Bo. (2011). The eponym dictionary of reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0227-7. OCLC 794700413. 
  5. Usuario, Super. "Bertha Lutz: una sufragista brasileña en el laboratorio". Fabrica de la Memoria. Recuperación de la Historia de las Mujeres (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-02. 
  6. Lôbo, Yolanda Lima (2010). Bertha Lutz. Editora Massangana. 
  7. "Bertha Lutz — Senado Notícias". Senado Federal (en portugués). Consultado o 2020-08-02. 
  8. "Women and the UN Charter". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  9. Beolens, Bo. (2011). The eponym dictionary of reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0227-7. OCLC 794700413. 
  10. Beolens, Bo. The eponym dictionary of amphibians. Exeter [England]. ISBN 978-1-907807-41-1. OCLC 842901176. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]