Zibo
Coordenadas: 36°47′N 118°3′L / 36.783, -118.050

Zibo é unha municipalidade da provincia de Shandong no leste da China. Segundo o censo, en 2010 tiña 4.530.600 habitantes.
Ten unha superficie de 5.938 km².Limítrofe ao oeste coa capital provincial Jinan, é froito da unión da antiga cidade de Zichuan (século II a.n.e.) e a cidade mineira de Boshan (de aí o nome Zi-Bo), e que en 1954 anexionouse unha terceira cidade, Zhangdian, nó de comunicacións na chaira setentrional, onde pasou a residir a sede administrativa do municipio.
A riqueza mineira converteuna no século XX nun grande e diversificado centro industrial.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |