Saltar ao contido

Bandeira das Illas Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Illas Marshall
Bandeira das Illas Marshall
Características
Uso
Proporción10:19
Adopción1 de maio de 1979
Cores     Azul      Branco      Laranxa

A bandeira das Illas Marshall, unha nación situada no océano Pacífico, foi adoptada cando o país comezou a exercer o seu autogoberno, o 1 de maio de 1979. É un Estado soberano (independente) desde 1990.

As Illas Marshall formaron parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, que estaba administrado polos Estados Unidos.

Nesta bandeira aparecen representadas simbolicamente as illas que conforman o país dentro do océano. A franxa ascendente colocada en diagonal representa o ecuador, a estrela branca situada na parte superior da bandeira simboliza este arquipélago situado no Hemisferio Norte. As cores laranxa e branca representan, respectivamente, a coraxe e a paz e tamén as dúas cadeas de illas do arquipélago das Illas Marshall: Ratak Chain e Ralik Chain. A estrela branca posúe vinte e catro puntas, unha por cada distrito electoral do país.

A bandeira das Illas Marshall foi deseñada por Emlain Kabua, que foi primeira dama da República.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]