Bandeira branca-azul-branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira rusa pacifista
Bandeira rusa pacifista
Características
Uso
Proporción2:3
Adopciónfebreiro de 2022
Cores     Branco      Azul

A bandeira branca-azul-branca (en ruso: Бело-сине-белый флаг, БСБ) é unha bandeira símbolo das protestas contra a guerra de 2022 en Rusia durante a guerra ruso-ucraína (véxase invasión rusa de Ucraína). Segundo os activistas, a bandeira é "un símbolo das persoas que se unen pola paz e a liberdade".[1]

Normalización de tamaño e cor[editar | editar a fonte]

Cor Branco Azul Branco
pantone Branco 2925C [2] Branco
CMYK 0,0,0,0 100,41,5,0 [3] 0,0,0,0
RGB 255.255.255 0.131.214 255.255.255
HTML #FFFFFF # 0083D6 [2] #FFFFFF

Aínda que algúns activistas queren ver nas cores a paz, a pureza, a prudencia, verdade ou a xustiza, esas cores tamén se empregaron para simbolizar cousas diversas. A mesma bandeira da Mariña Rusa desde 1991 está composta por un sautor azul sobre branco (a tonalidade do azul variou entre celeste e cobalto) e xa era empregada pola Mariña Rusa do século XIX, coincidindo uns anos coa bandeira idéntica do porto da Coruña, empregada como bandeira galega.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Bandeira da cidade de Veliky Novgorod, 1994-2006

O primeiro lugar coñecido en usar a bandeira branca-azul-branca foi o sitio web do estado virtual da República de Novgorod, en 2006-2010[5]. A bandeira baseouse na entón bandeira oficial de Veliky Novgorod.[6][7] Unha das institucións de goberno máis importantes da República de Novgorod foi a "Casa de Novgorod", que limitaba os poderes do príncipe en contraste co principado de Vladimir-Suzdal. Segundo o sitio web oficial da bandeira, é "un símbolo da futura 'Rusia Libre', que non parasita símbolos do pasado, libre de asociacións co imperialismo, militarismo e os líderes autoritarios de Rusia"[8].

Propúxose tamén para o seu uso como bandeira alternativa de Rusia.[9]

Foi amplamente usada en relación coas protestas contra a guerra[10]; utilizouse en protestas contra a guerra en Tbilisi, (Xeorxia)[11], en Alemaña,[12] Chipre, e Ekaterimburgo (Rusia).[13]

Oposición das autoridades[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 2022, a residente de Moscova Anna Dubkova foi detida por un axente de policía por mor da bandeira branco-azul-branca colocada no seu coche. O protocolo sinala que a bandeira é un símbolo de "... protestas contra a guerra espalladas entre as forzas da oposición". O tribunal condenouna a 15 días de prisión segundo o artigo 19.3 do Código de Infraccións Administrativas.[14]

Bandeiras semellantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Флаг прекрасной России будущего". Consultado o 2022-03-06. 
  2. 2,0 2,1 "Флаг прекрасной России будущего". Consultado o 2022-03-06. 
  3. "По многочисленным заявкам публикую больше деталей про флаг." (en portugués). Consultado o 2022-03-15. 
  4. "Bandeira Galega ; Coruña (sub)mariña". Bandeira Galega ; Coruña (sub)mariña. Consultado o 2022-04-18. 
  5. "Major Cities of Novegrad". 2010-06-11. Archived from the original on 11 de xuño de 2010. Consultado o 18 de abril de 2022. 
  6. "State Symbols". 
  7. "Novegrad FAQ". 
  8. "Flag of the Wonderful Russia of the Future" (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  9. "Почему мы ненавидим Россию 6. Культурный код". 2013-11-25. 
  10. "В твиттере придумали новый флаг России - бело-сине-белый" (en ruso). 3-03-2022. Consultado o 6-03-2022. 
  11. "twitter.com/inga_kudracheva/status/1499066767473356807" (en ruso). Consultado o 6-03-2022. [self-published]
  12. "Фотографии с нашей вчерашней демонстрации в Берлине." (en ruso). Consultado o 7-03-2022. [self-published]
  13. "На улицах Екатеринбурга развешивают зеленые ленточки против военных действий в Украине" (en ruso). Consultado o 7-03-2022. 
  14. "Суды и другое давление из-за акций в поддержку народа Украины и против войны" (en ruso). Consultado o 2022-03-07. 
  15. "Bandeiras Cristiás Galegas: A Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galega". www.bandeiragalega.com. Consultado o 2022-04-18.