Velikii Novgorod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVelikii Novgorod
Великий Новгород (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 58°31′16″N 31°16′33″L / 58.52099, 31.27579Coordenadas: 58°31′16″N 31°16′33″L / 58.52099, 31.27579
EstadoRusia
ÓblastsOblast de Novgorod (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Estado de Rurik (pt) Traducir (862–1136)
República de Nóvgorod (1136–1478)
Novgorod Governorate (en) Traducir (1727–1927)
Novgorod Okrug (en) Traducir (1927–1930)
Novgorod County (en) Traducir (–1927)
Óblast de Leningrado (1930–1944)
Oblast de Novgorod (pt) Traducir (1944–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación222.594 (2017) Editar o valor em Wikidata (2.471,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie90,08 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Ilmen (pt) Traducir e Rio Volkhov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude25 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación859 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoJurij Bobrysjev (en) Traducir (2007–2018)
Sergey Vladimirovich Busurin (en) Traducir (2018–2022)
Alexander Rozbaum (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal173000–173999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico8162 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO49701000001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO49401000000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Valga
Moss (pt) Traducir (1970–)
Nanterre (1974–)
Watford (pt) Traducir (1984–)
Bielefeld (1987–)
Rochester (1990–)
Zibo (1995–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webadm.nov.ru Editar o valor em Wikidata

Velikii Novgorod (en ruso: Великий Новгород), coñecida tamén simplemente como Novgorod[1] é unha cidade da Federación Rusa situada a 190 km ao sueste de San Petersburgo, á beira do río Volkhov tras desaugar do lago Ilmen. É a capital do óblast homónimo, e ten unha poboación duns 232.200 habitantes (censo de 2004). Até o ano 1478 a cidade chamábase Gospodin Velikii Novgorod (en ruso: Господин Великий Новгород, "Señor Nóvgorod o Grande"). Logo, até 1999, o seu nome oficial pasou a ser Novgorod, e actualmente é Velikii Novgorod.

Aparece mencionada por primeira vez no ano 856, na Crónica de Néstor, e foi, xunto con Moscova e Kíiv, unha das cidades máis importantes da Europa Oriental durante a Idade Media, e o centro do único principado que escapou do dominio mongol tras a conquista de Rusia polos mongois.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade emerxeu como o centro político de pobos eslavos e fino-ugrios na metade do século X. A historia de Novgorod está estreitamente relacionada con todos os acontecementos importantes da vida do estado ruso. Na época na que o estado ruso antigo se estaba fomando, foi unha federación de tribos eslavas orientais,[2] os habitantes de Novgorod invitaron ao príncipe Rúrik para impoñer nela a orde e a lei.

O Kremlin de Novgorod.
Monumento Milenario de Rusia, situado no interior do Kremlin de Novgorod (1862).

De Rúrik naceu a famosa dinastía Rúrika, á que pertencen os tsares rusos que gobernaron en Rusia máis de 750 anos. A principios do século X as campañas militares dos príncipes de Novgorod contra Constantinopla para protexer as relacións comerciais con Bizancio deron como resultado a integración das tribos eslavas orientais no antigo estado da Rus de Kíiv.

A adopción do cristianismo no século X trasformou Novgorod nun importante centro eclesiástico. Os esforzos do bispo de Novgorod de estender e desenvolver a relixión cristiá ortodoxa foron recompensados a mediados do século XII, cando o bispado foi elevado a arcebispado, sendo naquela época os prelados de Novgorod os máis importantes da Igrexa Ortodoxa na Rus de Kíiv.

Novgorod é o berce de tradicións republicanas e democráticas de Rusia. Durante 600 anos, até 1478, todas as decisións vitais na súa vida e na política exterior foron tomadas polo veche, antigo parlamento constituído polos representantes das familias aristocráticas de Nóvgorod. Finalmente, todo o pobo de Novgorod tomaba parte no veche.

Novgorod foi un dos maiores centros da literatura e da produción de libros rusos. Alí, nos anos 30 do século XI, por orde do príncipe Iaroslav I o Sabio, fundouse a primeira escola para trescentos nenos. O Novgorod medieval era un dos centros artísticos máis importantes de Europa. As súas tradicións arquitectónicas, escolas de pintura de iconas, xoiaría e arte decorativa aplicada eran famosas en todo o mundo.

Na cidade encóntranse a catedral de San Nicolao e a catedral de Santa Sofía. E conta cun Kremlin que foi construído durante o reinado de Iaroslav I o Sabio, e que se menciona por primeira vez na Crónica de Néstor de 1044.

Segundo unha lenda, durante a conquista da cidade por parte das tropas moscovitas de Iván o Terríbel, unha pomba pousou no alto da cruz que coroa o domo dourado da Catedral de Santa Sofía. Ao ver os horrores cometidos polas tropas moscovitas, a pomba quedou petrificada sobre a cruz. Segundo esta lenda, cando a pomba caera, Novgorod sucumbiría.

A pomba caeu cando o exército nazi tomou Novgorod durante a segunda guerra mundial. Tras a conquista, a cruz foi levada a España por membros da División Azul, segundo dicían, para salvala dos bolxeviques. A cruz foi devolta a Santa Sofía de Novgorod por veteráns da mesma división en 2004, e situada de novo no domo dourado da catedral.[3]

A cidade é patrimonio da humanidade da UNESCO.

Imaxes de Novgorod[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En ruso, o nome da cidade significa "cidade nova".
  2. Channon, John; Hudson, Robert (1995). Penguin Historical Atlas of Russia. Penguin. p. 16. 
  3. "España devolverá a Rusia la cruz de la catedral más antigua del país". Consultado o 10 de marzo de 2014.  Diario El Mundo (España), 13/11/2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boukine, V. (1984). Novgorod - Architecture, Monuments, Musées. Leningrado: Éditions Aurora. 
  • Franklin, S. & J. Shepard (1996). The Emergence of Rus' 750-1200. Londres-Nova York: Longman History of Russia. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]