Baldomero Pestana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baldomero Pestana
Nacemento28 de decembro de 1917
 Castroverde
Falecemento7 de xullo de 2015
 Bascuas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e pintor
editar datos en Wikidata ]

Baldomero Pestana, nado en Castroverde o 28 de decembro de 1917 e finado en Bascuas (Lugo) o 7 de xullo de 2015, foi un fotógrafo e pintor galego.

Traxectoria[1][editar | editar a fonte]

Emigrado de neno á Arxentina comezou na adolescencia a estudar fotografía. Casou no 1951 con Velia Martínez da que xa non se separaría ata a falecemento dela no ano 2003.

Nos anos 50 comeza o a traballar como fotógrafo en Buenos Aires unha das súas primeiras sesións como a de Dizzy Gillespie no Teatro Casino. En 1957 marcha a vivir a Perú onde vai entrar en contacto con moitos dos protagonistas do gran boom literario hispanoamericano como Mario Vargas Llosa, Jose Luis Borges ou Sebastian Salazar Bondy. Nos seus anos en Perú goza de gran prestixio e chega a publicar para revistas como Esquire, Time ou Life. Desta época son tamén as fotografías de Villa Miseria feitas para as Nacións Unidas.

En 1967 trasládase a Europa e tras unha pequena estancia en Madrid aséntase finalmente en París onde seguirá fotografando non so a artistas latinoamericanos como Gabriel García Márquez ou Carlos Fuentes, senón que tamén pasan por diante da súa cámara artistas como Man Ray, Roman Polanski ou Fernando Arrabal. A mediados dos anos 70 cometa a aparcar a fotografía para centrarse na pintura onde vai ter un estilo próximo o hiperrealismo.

No ano 2008 regresa a Galicia, onde pasara pequenas estancias durante toda a súa vida. Retoma tanto o debuxo como a pintura.

Exposicións e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Pestana expuxo regularmente tanto a súa pintura como a súa fotografía, tanto na etapa americana como na europea. Expuxo obra en Perú, Arxentina, Francia, Iugoslavia, Venezuela, Corea do Sur, Estados Unidos, entre outros. Destaca a exposición individual que tivo en Bruxelas na galería de Fred Lanzemberg en 1979.

En Galicia non se realizaron exposicións sobre o seu traballo ata o que retornou a Lugo. En Vigo no ano 2010, incluíndo só pintura e debuxo, na sala de exposición do Teatro García Barbón[2]. O Museo do Pobo Galego no 2013 organizou unha exposición de fotografía e pintura[3]. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura no ano 2018 rendeulle homenaxe póstuma con Baldomero Pestana: A verdade entre as mans centrada na fotografía do artista lucense[4].

En 2015 a realizadora viguesa Andrea Vázquez o documental A imaxe reb/velada que afonda na figura de Baldomero Pestana[5]. Foi estreado no Festival Internacional de Cine de Lima.

En 2012 foi declarado Fillo Predilecto da vila de Castroverde[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baldomero Pestana A verdade entre as mans. Instituto Cervantes, Xunta de Galicia. 2018. ISBN 978-84-453-5286-1. 
  2. "Caixanova inaugura una exposición de dibujos de Baldomero Pestana". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 2010. Consultado o 2020-04-15. 
  3. www.imaxin.com, imaxin|software-. "Exposicións. Museo do pobo Galego". museodopobo.gal. Consultado o 2020-04-15. 
  4. Mario Álvarez (1 de maio de 2018). "O excepcional retratista Baldomero Pestana, no Gaiás ata setembro". El Correo Gallego. Consultado o 2020-04-15. 
  5. "A IMAXE REB/VELADA". Play-Doc. Consultado o 2020-04-15. 
  6. "El fotógrafo Baldomero Pestana será hijo predilecto de Castroverde". El Progreso de Lugo (en castelán). 2 de abril de 2012. Consultado o 2020-04-15.