Bakhmut
Bakhmut | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Ucraína | ||
Capital | n/d | ||
• Poboación | n/d | ||
Linguas oficiais | Ucraíno e ruso | ||
• Total | 74 km² km² | ||
• % auga | n/d | ||
• Total (2013) | 77 620 hab. | ||
• Densidade | 1048,92 hab/km² hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
Prefixo telefónico | (+380) 6274 | ||
Bakhmut (en ucraíno: Бахмут; en ruso, Бахмут) é unha cidade do leste de Ucraína situada no oblast de Donetsk e capital do distrito do mesmo nome.
A cidade foi coñecida como Artemivsk (en ucraíno: Артемівськ) ou Artyomovsk (en ruso: Артёмовск) de 1924 a 2016,[1] pero o goberno ucraíno renomeouna como Bakhmut en 2016 como parte da descomunización.[2][3] Isto non foi recoñecido polo goberno ruso que inclúe a cidade como parte da República Popular de Donetsk e fomenta que as fontes rusas denominen a cidade como Artyomovsk.[4][5]
Bakhmut e o seu distrito, especialmente a cidade de Soledar, eran particularmente activos na industria alimentaria pois na cidade existía establecementos para a elaboración de licores e viños mentres que preto de Soledar hai un importante depósito salino utilizado polo menos desde 1881 que convertía, antes da invasión rusa de 2022, á cidade no centro da industria de sal de Ucraína e nun cruzamento ferroviario.
Durante a invasión rusa de Ucraína de 2022, Bakhmut foi asediada polas forzas rusas e en gran parte destruída[6], coa maior parte da súa poboación fuxida.[7] A partir de marzo de 2023, as forzas ucraínas seguen co control parcial da cidade, que é un epicentro de feroces loitas, mentres as forzas rusas procuran tomar o control.[8]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Non se coñece con certeza a orixe do nome Bakhmut. Segundo unha teoría do historiador de Khárkiv Igor Rassokhaa, a palabra pode vir dunha palabra turca/tátara que significa "auga salgada" ou "praia".[9] A cidade mudou en varias ocasións de nome:
- 1571–1924: Bakhmut
- 1924–1941: Artyomovsk/Artemivsk
- 1942–1943: Bakhmut
- 1943–1992: Artyomovsk/Artemivsk
- 1992–2016: Artemivsk
- 2016–momento presente: Bakhmut
Xeografía física[editar | editar a fonte]
Bakhmut atópase na parte nordeste da provincia de Donetsk nas alturas de Donet e está atravesado polo río Bachmutka, un afluente do río Donéts, e a serra Kamenuvatyj. Atópase a 89 km da capital do óblast, Donetsk.
Demografía[editar | editar a fonte]
Segundo o censo ucraíno de 2001, a poboación da cidade era de 83.146 habitantes, dos cales o 27,61% tiñan o ucraíno como lingua materna, o 71,07% o ruso, o 0,19% o armenio, o 0,15% romaní, o 0,10% beloruso, o 0,03% moldavo, o 0,01% o búlgaro e grego, así como alemán, gagauzo, polaco, romanés, húngaro e xudeu.[10][11]
Composición nacional e idioma nativo da poboación de Bakhmut.
Distribución da poboación permanente por nacionalidades máis numerosas e por lingua materna (a partir de 2012) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
N | Orixe étnica | Número | (%) | Lingua materna(%) | Lingua ucraína (%) | Lingua rusa(%) |
1 | Ucraínos | 78 993 | 69,42 | 49,1 | — | 50,8 |
2 | Rusos | 31 301 | 27,51 | 96,7 | 3,2 | — |
3 | Belarusos | 705 | 0,62 | 15 | 9,2 | 75,6 |
4 | Armenios | 396 | 0,35 | 48,7 | 1,3 | 49,7 |
5 | Xitanos | 263 | 0,23 | 57,8 | 9,5 | 30,4 |
6 | Xudeus | 224 | 0,20 | 0,4 | 5,4 | 92,4 |
113.785 | 100 |
A partir del 1 de xuño de 2017, la poboación de Bakhmut era de 75.900 habitantes, a maioría de ucraínos étnicos.[12]
Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención da cidade remóntase a 1571 cando aquí se creou un posto de garda do Reino Ruso, aínda que é probable que a zona xa estivese habitada.
Durante o século XVII foi mellorado como fortaleza rusa contra as incursións dos tártaros de Crimea e en 1701, no reinado de Pedro I, estableceuse a primeira mina de sal; porén, sete anos despois, a cidade foi destruída durante a rebelión de Bulavin.[1] Entre 1753 e 1764 foi a capital de Eslavo-Serbia. En 1783 recibiu o título de cidade.
En 1924 a cidade pasou a chamarse Artemivsk, en homenaxe ao revolucionario Fiódor Andreevič Sergeev, máis coñecido co nome de guerra Artyom, e converteuse na capital da gobernación de Donetsk .
Durante a Segunda Guerra Mundial, Artemivsk foi protagonista en 1942 dun masacre de soldados nazis; volveu ás mans da Unión Soviética en 1943.
Durante a Guerra do Donbass a cidade estivo brevemente controlada pola milicia da República Popular de Donetsk ata o 7 de xullo de 2014, día no que o exército ucraíno reclamou a súa liberación; posteriormente en 2016 no ámbito da descomunización do país resumiu o topónimo orixinal de Bachmut.
Durante a invasión rusa de Ucraína en 2022, a cidade converteuse nun obxectivo principal do exército ruso.[13]
Economía[editar | editar a fonte]
Desde 1951, a adega europea Bakhmut está situada na cidade. A mina de sal de Artemsil está situada no suburbio de Soledar, que contén a sala subterránea máis grande do mundo. É o suficientemente grande como para que un globo aerostático flotase no seu interior, xa se tocaron sinfonías antes e celebráronse dous partidos de fútbol profesional ao mesmo tempo.
Infraestruturas e transporte[editar | editar a fonte]
Ferrocarrís[editar | editar a fonte]
A cidade está servida por catro estacións de ferrocarril: Bachmut, Bachmut I e Maloilyšivs'ka para o servizo de pasaxeiros e Stupky para o transporte de mercadorías.
Mobilidade urbana[editar | editar a fonte]
A rede de transporte público local está formada por unha rede de trolebuses de oito liñas e algunhas liñas de autobuses urbanos xestionadas pola empresa municipal Bachmutelektrotrans.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Ray, Michael (Derradeira actualización: 11 de marzo de 2023). "Bakhmut". britannica.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Decommunisation continues: Rada renames several towns and villages". unian.info (en inglés). 2 de abril de 2016. Archived from the original on 11 de xuño de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Рада декомунізувала Артемівськ та ще більше ста міст і сіл". pravda.com.ua (en ucraíno). 4 de febreiro de 2016. Archived from the original on 03 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ Reuters (3 de marzo de 2023). "Russian mercenary chief says Ukraine's Bakhmut is practically surrounded". reuters.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ Tass (2 de marzo de 2023). "Official expects Russian troops to take Artyomovsk in near future". tass.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Легше будувати з "нуля". Бахмут як місто більше не існує, - Буданов (en galego, "É máis doado construír desde cero. Bakhmut como cidade xa non existe - Budanov")" (en ucraíno). 31 de decembro de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ Landale, James; Gozzi, Laura (4 de marzo de 2023). "Bakhmut: Fighting in the street but Russia not in control - deputy mayor". bbc.com (en inglés).
- ↑ Axencia Atlas (11 de marzo de 2023). "Bajmut trata de resistir hasta el final". abc.es (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Харьковский историк считает, что название Бахмут имеет индоевропейские корни и происходит от слова бук". bahmut.in.ua (en ucraíno). 20 de outubro de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Національний склад та рідна мова населення Донецької області. Розподіл постійного населення за найбільш численними національностями та рідною мовою по міськрадах та районах" (en ucraíno). 7 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Всеукраїнський перепис населення" (en ucraíno). 16 de xaneiro de 2018. Archived from the original on 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Количество жителей Бахмута продолжает сокращаться" (en ucraíno). 9 de maio de 2017. Archived from the original on 05 de maio de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ Crolace, Giorgia (27 de outubro de 2022 [actualizado o 28 de outubro de 2022]). "Putin vuole conquistare a tutti i costi Bakhmut, ecco perché è una «città strategica»". ilmessaggero.it (en italiano). Consultado o 11 de marzo de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bakhmut ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|