Pobo ávaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Avares")
Pobo ávaro
Avarian Daghestan Mussayassul.jpg
Retrato dunha muller ávara, por H. Mussayassul, 1939.
Poboación
Poboación total:
1 000 000
Rexións principais:
Rusia Rusia 912 090[1]
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán 49 800[2]
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán 15 675
Xeorxia Xeorxia 1 996[3]
Ucraína Ucraína 1 496[4]
Aspectos culturais
Lingua Lingua ávara
Relixión islam sunnita[5]
Grupos
relacionados
Pobos caucásicos do norte.

Os ávaros[6] (en ávaro: аварал / магIарулал, awaral / maⱨarulal; "montañeiros") son un pobo do Cáucaso, que habita principalmente no Daguestán, onde son o grupo predominante, a súa lingua é o ávaro, pertencente á familia das linguas caucásicas nororientais e a súa relixión tradicional o islam sunita. Aproximadamente os ávaros son un millón de persoas.

Localización[editar | editar a fonte]

Territorio tradicional dos ávaros (número 2) no Daguestán.

A maior parte dos ávaros habitan territorios montañosos do oeste do Daguestán, unha minoría vive nas planicies desa república, en especial nos distritos de Buynaksky, Khasavyurtovsky e Kizilyurtovsky, en todo o territorio viven 850.011 ávaros. Noutras repúblicas de Rusia hai tamén minorías, así en Chechenia hai 4864[7], en especial nos distritos de Sharoysky e Shelkovskoy. En total en Rusia cóntanse 910.200, segundo o censo de 2010, aínda que hai que ter en conta que nos censos rusos inclúense como ávaros membros dalgunhas pequenas minorías andi-dido. En Acerbaixán son 50.891 segundo o censo de 1999[8] concentrados nas rexións de Balakan e Zaqatala. En Xeorxia hai 1996[9] segundo o censo de 2002 localizados na súa inmensa maioría no distrito de Qvareli. Non hai datos do número de ávaros en Turquía, algúns cífrannos en 53.000[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Russian 2010 census
  2. Ethnic composition of Azerbaijan 2009
  3. Ethnic Groups of Georgia: Censuses 1926—2002
  4. State statistics committee of Ukraine - National composition of population, 2001 census (en ucraíno)
  5. An Ethnohistorical Dictionary of the Russian and Soviet Empires, de James Stuart Olson, Lee Brigance Pappas, Nicholas Charles Pappas, páx 58
  6. Entrada ávaro-a en Digalego
  7. Datos do censo ruso 2010 (en ruso)
  8. Datos do censo de Acerbaixán de 1999
  9. Datos do censo de Xeorxia de 2002
  10. Ataev B.M Avartsy: iazyk, Istoriia, Pismennost.-Machachkala:DSC RAS, 2005