Autolux
Autolux | |
---|---|
A banda en directo | |
Orixe | Os Ánxeles, Estados Unidos |
Período | 2000-presente |
Xénero(s) | rock alternativo, art rock, shoegaze |
Selo(s) discográfico(s) | TBD Records, ATP Recordings |
Membros | Eugene Goreshter Greg Edwards Carla Azar |
Na rede | |
http://www.autolux.net/ | |
Autolux é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente dos Ánxeles e formada en 2001. Foi fundada por Eugene Goreshter (coros e baixo), Greg Edwards (guitarra e voz) e Carla Azar (batería e voz). A súa música está influenciada por gran variedade de estilos, como post-punk, electrónica, krautrock e shoegaze.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Autolux formouse durante o ano 2000 e Os Ánxeles, California. Goreshter e Azar coñecéronse mentres escribían a partitura para a obra de teatro Morte accidental dun anarquista, do premio Nobel Dario Fo. Azar coñecera a Edwards cando a súa antiga banda Ednaswap estaba de xira con Failure, antiga banda de Edwards.[3] No mes de agosto dese ano, Autolux debutou realizando dous concertos no Silverlake Lounge. O 1 de marzo do 2001 a banda editou un EP auto-producido titulado Demonstration.[4]
Despois de impresionar ao produtor T-Bone Burnett durante unha actuación, Autolux asinou con DMZ, un pequeno selo creado por Burnett e os irmáns Coen.[3][4]
En maio do 2002, Azar caeu do escenario despois dun concerto como abreconcertos de Elvis Costello. O seu cóbado quedou estragado, e dixéronlle que "probablemente non podería tocar a batería máis". Secasí, grazas a unha operación experimental onde lle puxeron oito parafusos de titanio, recuperouse completamente.[5]
En novembro do 2002, Autolux entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum, Future Perfect, que remataría en xaneiro do 2003. En contraste co método de gravación en 8 pistas usado no Demonstration, Burnett quería capturar o son en directo da banda neste álbum. Despois das gravacións iniciais, a banda continuaría gravando por riba pistas adicionais no seu local de ensaio, que tamén funcionaba como estudio, coa intención de darlle un son máis cru aos temas.[4] A principios do 2003 o álbum foi mesturado varias veces, realizando a derradeira mestura Dave Sardy, antigo líder de Barkmarket. Finalmente sería editado o 21 de setembro do 2004 cun bo recibimento por parte da crítica.[3]
Autolux comezou a promocionar Future Perfect en xaneiro do 2005 facendo unha xira con The Secret Machines. Durante o resto do ano Autolux continuou tocando cun bo número de bandas, incluíndo Clinic, Broadcast, The White Stripes, Shellac e Beck.[6] En abril de 2005 Autolux tocou no festival All Tomorrow's Parties comisionado por Vincent Gallo en Londres,[4] e en maio a banda tocou no Coachella Valley Music and Arts Festival.[7]
Autolux foi entón convidado por Trent Reznor como abreconcertos para a xira do álbum With Teeth de Nine Inch Nails, de setembro a outubro do 2005.[3] Despois da xira con Nine Inch Nails, a banda rematou o ano abrindo para Queens of the Stone Age no Wiltern Theatre nos Ánxeles.
Despois da disolución do selo DMZ, que pertencía á Sony Music, Autolux moveuse á Epic Records, tamén da Sony.
En xaneiro do 2006 Autolux tocou no Jimmy Kimmel Live (un talk-show da televisión estadounidense).[8] En febreiro a banda escribiu a peza "Tears for an Inhaler" para unha exposición chamada "Sonic Scenery" no Natural History Museum do condado dos Ánxeles.[9] A exposición tamén incluía a artistas coma Matmos e Nels Cline.
En xuño de 2006 James Lavelle, de Unkle, achegouse a Autolux para que a banda colaborase no seu seguinte disco. Do seu traballo xurdiu o tema "Persons & Machinery", que foi incluído no álbum War Stories, publicado en xullo de 2007. Goreshter tamén tocou o baixo nalgúns dos temas do disco. O 30 de abril do ano 2007, Unkle lanzou unha edición limitada en 12" chamada Surrender Sounds Session #3 & #4 (Autolux/Black Mountain), que contiña unha remestura do tema "Turnstile Blues" do álbum Future Perfect.[10][11]
"Turnstile Blues" tamén apareceu como canción de apertura da película dese mesmo ano The Air I Breathe. No mes de agosto a banda tocou no Sunset Junction Street Fair en Silver Lake, California, e en decembro Portishead invitounos a tocar na edición dese mes do festival All Tomorrow's Parties.[12]
Autolux actuou no Primavera Sound de Barcelona en maio de 2008,[13] e no mes de xuño uniuse a PJ Harvey para unha xira por Rusia. En setembro a banda tocou no festival ATP en Monticello, Nova York, comisionado por My Bloody Valentine.[14] En setembro de 2009 o grupo completou a súa primeira xira como cabeza de cartel polos Estados Unidos, incluíndo outra aparición no ATP comisionado por The Flaming Lips.[15]
Future Perfect estaba descatalogado, polo que Autolux reeditouno en vinilo en 2009 a través do seu propio selo Autolux Music Entertainment. O disco sería reeditado novamente en 2015 por The Autolux Empire.[16]
En marzo de 2010 Thom Yorke pediu a Autolux que fose o abreconcertos do seu proxecto Atoms for Peace no Santa Barbara Bowl en Santa Bárbara, California. No mes de maio dese ano a banda apareceu noutra canción de Unkle, "Joy Factory", no álbum Where Did the Night Fall.
Autolux editou o seu segundo álbum, Transit Transit, o 3 de agosto do ano 2010 a través do selo TBD Records en Norteamérica e o Xapón e a través de ATP Recordings no resto do mundo. A banda autoproduciu Transit Transit con Edwards servindo como enxeñeiro de son. A meirande parte do traballo gravouse en Space 23, mentres que un feixe de pistas de batería ("Highchair", "Spots" e "The Science of Imaginary Solutions") saíron dunha sesión anterior co enxeñeiro John Goodmanson. "Supertoys" publicouse como primeiro sinxelo do álbum, estreándose na páxina web da banda o 23 de xuño de 2010. A banda saíu de xira polos Estados Unidos, o Canadá e México en agosto e setembro dese ano.
No mes de decembro de 2010 a banda iniciou a súa primeiro xira europea. O día 6 dese mes ATP publicou un sinxelo de 7" con dúas cancións, "The Bouncing Wall"/"Census" (ámbalas dúas de Transit Transit). A principios de 2011 este foi reeditado dixitalmente por TBD como un EP, coa adición de tres temas inéditos.[17]
O 27 de febreiro de 2011 a banda tocou noutro festival All Tomorrow's Parties, desta vez en Toquio e co nome "I'll Be Your Mirror".[18]
O 19 de novembro de 2015 Autolux compartiu o sinxelo "Soft Scene" e anunciou que o seu terceiro álbum sería editado na primavera de 2016 a través do novo selo do músico Danger Mouse, 30th Century Records.[19]
O 19 de xaneiro de 2016, Autolux anunciou que o lanzamento do disco sería o 1 de abril. Pussy's Dead foi producido polo artista e produtor Boots, que anteriormente traballara con artistas como Run the Jewels, FKA Twigs e Beyoncé.[20][21]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
Demostration (EP) | 2001 | auto-editado | EP |
Future Perfect | 2004 | DMZ | |
Transit Transit | 2010 | ATP Recordings, TBD Records | |
Pussy's Dead | 2016 | 30th Century Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trent Reznor Boosts Autolux From Clubs To Arenas". MTV (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2023. Consultado o 2023-10-30.
- ↑ "Autolux - Transit Transit". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-30.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Archive-Jon-Wiederhorn. "Trent Reznor Boosts Autolux From Clubs To Arenas". MTV News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-16.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Autolux Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-01-16.
- ↑ "Live again, Autolux is making up for lost time". Los Angeles Times (en inglés). 2003-11-06. Consultado o 2022-01-16.
- ↑ "twenty/forty". web.archive.org. 2007-06-08. Archived from the original on 08 de xuño de 2007. Consultado o 2022-01-16.
- ↑ "All Things Coachella : The 2005 Guide" (PDF). thelisten.net. Archived from the original on 08 de outubro de 2007. Consultado o 16 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Prefixblog.com: Autolux on Jimmy Kimmel (Videos)". archive.ph. 2006-11-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2006. Consultado o 2022-01-17.
- ↑ "Sonic Scenery: Music for Collections". web.archive.org. 2007-06-23. Archived from the original on 23 de xuño de 2007. Consultado o 2022-01-17.
- ↑ "DJ James Lavelle/UNKLE Music - Shop the DJ James Lavelle/UNKLE Official Store". web.archive.org. 2009-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2009. Consultado o 2022-01-17.
- ↑ "UNKLE Remix Autolux For New Single — News — AngryApe". web.archive.org. 2007-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 2022-01-17.
- ↑ "Nightmare Before Christmas curated by Portishead". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "ATP at Primavera Sound 2008". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "ATP New York curated by My Bloody Valentine & ATP". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "ATP New York 2009 curated by The Flaming Lips & ATP". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "Autolux – Future Perfect (2004, Vinyl)" (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "New Autolux EP Out Now – TBD RECORDS" (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "Event Info (English) - I'll Be Your Mirror Tokyo curated by ATP (SOLD OUT)". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "Autolux – “Soft Scene” (Prod. Boots)". Stereogum (en inglés). 2015-11-19. Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "From Failure to Strange Floating Grooves: Autolux Return". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "Autolux Announce New Album Pussy's Dead, Tour". Pitchfork (en inglés). 2016-01-19. Consultado o 2022-01-18.