Clinic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Clinic
Orixe Liverpool, Inglaterra Inglaterra
Período 1997 - presente
Xénero(s) rock experimental, rock alternativo, indie rock, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s) Domino Records
Membros Ade Blackburn
Brian Campbell
Jonathen Hartley
Carl Turney
Páxina web http://www.clinicvoot.org/

Clinic é unha banda de garage rock de Liverpool que destaca polo seu son ecléctico de ritmos rápidos. O seu son distintivo é comunmente recoñecido polo seu destacado uso de teclados/órganos e as súas peculiares progrsións de acordes.

Historia[editar | editar a fonte]

Clinic formárona en 1997 Ade Blackburn e Jonathan Hartley despois da separación da súa anterior banda, Pure Morning. Destacaron nun principio por usar instrumentos (sobre todo teclados) mercados en rastros e mercadillos. Brian Campbell e Carl Turney uníronse á banda e pouco despois editaron o seu primeiro EP I.P.C. Subeditors Dictate Our Youth através do seu propio selo Aladdin's Cave of Golf. O EP entrou na lista Festive 50 de John Peel a finais de ano, e no ano 1998 lle seguirían outros dous sinxelos auto-financiados.

En 1999 a banda asinou con Domino Records. O seu álbum de estrea, Internal Wrangler, aparecería no ano 2000. Os temas do álbum "The Second Line", "The Return of Evil Bill" e "Distortions" foron editados coma sinxelos, e "The Second Line" foi posteriormente usado nun anuncio de televisión de Levi's, polo que foi reeditado. Nese mesmo ano a banda tocou no All Tomorrow's Parties e no Meltdown e xirou con Radiohead.

Dous álbums máis, Walking with Thee e Winchester Cathedral, apareceron no 2002 e no 2004 respectivamente xunto con xiras con The Flaming Lips e unha aparición no Late Show with David Letterman. "Come into Our Room", un sinxelo de Walking with Thee, apareceu posteriormente nun capítulo de CSI: Crime Scene Investigation, e o tema sería reeditado e convertiríase no seu sinxelo máis alto nas listas. Tamén dese álbum, "The Equaliser" apareceu na película independente do 2003 Thirteen. A banda editou o seu cuarto álbum, Visitations, en outubro do 2006. "Tusk", o seu primeiro sinxelo, estivo dispoñible como descarga gratuíta na súa páxina oficial en febreiro dese ano, e "Harvest" precedeu ao álbum a principios de outubro.

Funf, un recompilatorio de caras-b e rarezas, foi editado en xño do 2007. Clinic tamén apareceu con Roky Erickson no Meltdown Festival de Jarvis Cocker do ano 2007, e noi ano seguinte xirou con Arcade Fire. "If You Could Read Your Mind" do Visitations foi usado na película Hallam Foe o mesmo outono.

No 2008 lanzaron o sinxelo "Free Not Free", precedendo o seu quinto álbum Do It!. O temas foi editado coma descarga gratuíta na súa páxina web que tamén contiña a cara-b "Thor". Postariormente aparecería "The Witch (Made to Measure)" coma segundo sinxelo do disco.

En marzo do 2009, durante a súa actualización mensual da páxina web, revelaron títulos dalgúns temas do seu seguinte traballo incluído "I Want to Hold Your Face", "T.I.M.E" e "Arthur".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • IPC Subeditors Dictate Our Youth - 1997
  • Monkey on Your Back - 1998
  • Cement Mixer (1998)
  • Operating at a Theatre Near You Vol.1 (2004)