Autódromo Internacional do Algarve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°13′46″N 8°37′50″O / 37.2294, -8.63053

Autódromo Internacional do Algarve
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de Portugal (2020)
MotoGP
Gran Premio de Portugal de motociclismo (2020)
A1 Grand Prix Grand Prix of Nations, Portugal
FIM Campionato do mundo de Superbikes
FIA GT Championship 2 horas do Algarve
Le Mans Series 1000 km do Algarve
Localización Portugal Portimão, Algarve, Portugal
Capacidade 80.000 espectadores
Lonxitude 4,653 km.
Curvas 15
Volta rápida 1:18.750 (2020)
Piloto récord Lewis Hamilton, Mercedes
Circuíto LMS
Lonxitude km 4,653
Curvas 15
Récord tempo 1:30.681
Récord piloto Francia Nicolas Lapierre
Récord equipo Oreca
Récord ano Le Mans Series 2010
Circuíto GP
Lonxitude km 4,692
Curvas 19
Récord tempo 1:31.404
Récord piloto Adam Carrol
Récord equipo A1 Team Ireland
Récord ano A1 Grand Prix, 2009
Circuíto motociclismo
Lonxitude km 4,658
Curvas 15
Récord tempo 1:42.774
Récord piloto Italia Max Biaggi
Récord equipo Aprilia
Récord ano Campionato do mundo de Superbikes, 2010
Vista do Circuíto

O Autódromo Internacional do Algarve é un autódromo localizado en Portimão, no Algarve, Portugal. A construción finalizouse en outubro do 2008, custou 195 millóns de euros e o circuíto foi inaugurado o 2 de novembro dese mesmo ano, na data da carreira final do Campionato do mundo de Superbikes. Ademais da xa citada proba, o autódromo tamén albergou o A1 Grand Prix, as GP2 Series, as World Series by Renault, a Superleague Formula, o Campionato do Mundo de Turismos, as Superstars Series, o Campionato FIA GT, as Le Mans Series e o Open Internacional de GT. O circuíto tamén acolle moitos adestramentos da Fórmula 1.

O trazado principal e máis largo, ten unha lonxitude de 4.692 metros e conta cun total de 18 curvas.

Características[editar | editar a fonte]

Inaugurado en outubro 2008, recibiu a homologación FIM e a FIA para acoller competicións internacionais. Cun custo de aproximadamente 195 millóns de euros, acolleu a primeira competición oficial o 2 de novembro de 2008 coa última rolda do Campionato do mundo de Superbikes, que rematou coa despedida do múltiple campión Troy Bayliss, que dominou a 1º carreira 1 e a 2ª carreira.[1]

A instalación está flanqueada por un kartodromo, un parque tecnolóxico, un hotel de cinco estrelas, un complexo deportivo e varios apartamentos. Unha "cidadela do automobilismo" que se estende por unhas 300 hectáreas nos outeiros da cidade portuguesa, o trazado principal ten unha lonxitude de 4.692 metros con 64 variacións posibles sobre a configuración orixinal do circuíto. Configuración para a Fórmula 1:

  • Capacidade espectadores: 80.000
  • Lonxitude do circuíto: 4´653 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 66 voltas = 307´098 quilómetros. 16 curvas en total (- a dereita e - a esquerda).
  • Ancho da pista: 14 m.
  • Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 352´9 km/h con DRS, - km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: - % do tempo de volta.
  • Tempo de freado: - % do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos:
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes:
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos.
  • Marca volta: 1’16’’654 (Valtteri Bottas, 2020)
Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 2020 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:29:56,828 h 4,635 km 66 204,671 km/h 25. outubro Portugal Portugal
2 2021 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:34:31,421 h 4,635 km 66 194,761 km/h 2. maio

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Páxina web oficial
  • Track maps and history at RacingCircuits.info
  • 3D preview of the Craig Jones Memorial, partially built, in the main access of the Algarve Motor Park - YouTube [1]
  • “Craig Jones remembered with statue honor” in Algarve resident (30 de outubro de 2009) [2]
  • “Craig Jones memorial removed” in Algarve resident (5 de novembro de 2009) [3]
  • (en portugués)Paula Hespanha expõe estátua de Craig Jones” in Jornal Hardmusica (outubro 2009) [4]
  • (en portugués) “Memorial Craig Jones em Portimão” in Atrox Mobilis – Motos e Mobilidade (22 de outubro de 2009) (contains a 3D preview of the Craig Jones Memorial) [5]